Dous delincuentes, Xico e Rui, fanse amigos na cela da prisión.
Teñen un acordo: non contarse o delito polo que foron condenados para non xulgar nin ser xulgados. Só sabemos deles que Rui foi abandonado pola familia e amizades cando souberon da súa detención mentres que Xico, pola contra, conta cunha familia acolledora que o apoia en todo. Cando xa andan libres, prodúcese o reencontro de ambos no lar de Xico. Alí, desexan matar a curiosidade e coñecer o delito que cometera cada un. Rui é o primeiro en confesar e, baixo a observación da familia de Xico, descóbrese que el era un delincuente pouco honrado. Fixérase rico a base de explotar as mulleres dunha fábrica téxtil, o que lle permitiu tornarse un novo rico fachendoso por ter a casa chea de cadros falsos. A descrición dos mesmos fixo que Xico recoñecese que o cadro falso que roubara e polo que fora detido, era da casa de Rui, sinalándoo así como culpábel da súa detención. Á familia non se lle ocorreu mellor vinganza—descoñecemos se simbólica ou non—que ameazalo con castigos inspirados en cadros moi coñecidos.
https://fegatea.gal/grupo/grupo-de-teatro-das-aras/





