Rosalía, a filla do mar é unha proposta teatral que revisita os episodios vitais menos coñecidos de Rosalía de Castro, achegándose á autora desde unha mirada íntima, humana e familiar.
A obra constrúese a partir da voz de Gala Murguía de Castro, unha das fillas da escritora e a última compoñente viva da familia, quen actúa como fío condutor do relato. A través dela descubrimos non só á Rosalía poeta e intelectual, senón tamén á nai, á muller e á persoa que viviu nun tempo complexo, marcado polas dificultades económicas, sociais e emocionais.
O espectáculo combina teatro, música en directo e canto tradicional para crear unha atmosfera delicada e evocadora, na que a memoria, a identidade e a transmisión oral cobran un papel central. A posta en escena, sinxela e simbólica, acompaña esta viaxe emocional pola vida dunha das figuras máis relevantes da cultura galega, incorporando tamén algunhas licenzas artísticas que enriquecen o relato sen afastarse da súa esencia



