Dúas nenas coñécense na sala de urxencias dun hospital e descobren que existe entre elas un vínculo especial.
Co paso do tempo a vida vainas levando por camiños distintos, nos que teñen encontros recorrentes coa violencia, a dor, o fanatismo e mesmo a morte, pero esa conexión inexplicable manteraas unidas ata o final.
Están sincronizadas.