Sombras nos ollos é unha adaptación da peza Baile de sombras de Fran Godón.
Diante do espello e mentras se maquilla, a protagonista fala do seu esplendoroso pasado, no que as decisións tomadas tiveron e teñen un gran peso nas lembranzas que reflexa o seu diario.
Os personaxes xogan mesturando o presente e o pasado, o mundo real e o sensorial, nun espazo cheo de sombras do que non poden saír.