Ana leva pechada na súa habitación desde que se foi Jack hai 1 ano e 27 días. Deixouna pola guerra, e ela viuno marchar apoiada na xanela.
Con el ían os seus soños de escapar ao idílico Cincinnati e casar o día de entroido. Farta de agardar, Ana decide suicidarse xusto o día no que Jack volve.
Un vals para Cincinatti foi mención destacada nos Premios Buero Vallejo de Teatro Joven.