(das Aras) Apartamento con vistas

» Provincia

» Localidade

Cangas

» Email de contacto

anaiglesiasalvarez@yahoo.es

» Teléfono de contacto

687545818

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

Tres mendigas, afeitas á súa condición de moradoras de rúa, sobreviven a base de aproveitar os refugallos que a sociedade do ben-estar lles proporciona.
Nalgunha ocasión, cando as circunstancias lles son favorábeis, saben usar de argucias e trampulladas de pouca monta coas que van zafando no día a día. Mais a súa rutina vese interrompida coa chegada de dúas visitas que porán á proba a súa solidariedade, resiliencia e sentido do humor, sempre presente a pesar das penurias. A primeira visita é a dunha muller á procura dun fogar que chega desamparada tras perder o traballo e as súas pertenzas.  Antes de ser admitida neste novo fogar, as anfitrioas sométena a unha serie de troulas e enredos a modo de presentación burlesca do que lle espera. Finalmente, a visitante é ben recibida e deseguida se integra no grupo, constituído agora por catro moradoras á intemperie. Un bo día achégase por alí unha nova visita, unha repartidora desorientada por facerlle caso ao GPS. As moradoras, facendo uso do seu habitual recibimento trouleiro, asustan á pobre muller que non entende as súas atencións e intencións. Non sabemos se a repartidora finalmente encontrou o seu destino, mais o que si queda claro é que estas mulleres foron quen de celebrar a vida con dignidade, deixando abertas as portas do seu fogar á esperanza, convencidas de que xuntas poderán afrontar as dificultades que se lles presenten.

https://fegatea.gal/grupo/grupo-de-teatro-das-aras/

 

Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.