Adaptación da obra de Federico García Lorca “Yerma”. A historia dunha muller casada nun matrimonio ordenado polo seu pai e que ela aceptou coa única ilusión de ser nai.
Co paso do tempo, a frustración de Yerma por non acadalo vai en aumento e o seu sufrimento lévaa a unha busca desesperada que desencadea unha terrible traxedia.
Que considera que é vostede estar seca? Non ter amor? Non poder amar? Chorar tanto que murchen os ollos? Non poder chorar? Non ter sangue para alimentar a un fillo? Non ter sede nunca máis? Pariu vostede algo que non fora un fillo? Pódese parir doutro xeito? Pare a Lúa todas as noites? Poderiamos parir sen Lúa?