Fran Rei | Culturactiva

CONTIDOS BÁSICOS

a) O/a pallaso/a que libera
– O/a pallaso/a poder ser calquera personaxe do mundo, poder facer calquera
cousa no mundo, ser digno/a en calquera situación é o poder liberador que o
pallaso ten para mudar o mundo. Todas as persoas nacemos con ese poder, e
en todas se agocha ese segredo, a búsqueda d@ nos@ pallas@ é un camiño de
liberdade persoal e social.
– Buscando na nosa natureza atoparemos o estilo persoal de desfrutar sendo
ridículos/as.
– A xestión do noso ridículo, e do ridúclo d@s demáis é unha das ferramentas
teatrais máis poderosas que existen A través dos diferentes xogos de
concentración e exercicios de habilidades estúpidas de cada un/unha (xestos
esaxerados, ruídos extraños, movementos especiais, etc.) e sempre buscando o
pracer, como os/as nenos/as cando xogan, iremos descubrindo onde está o
noso pracer e @ nos@ clown.

b) Xogos de complicidade e sensibilidade
o clown é moi importante a complicidade cos compañeiros e coas compañeiras de
escena, en todo momento debemos saber e intuír cando temos o foco e cando o
recollen @s demais.

c) O pracer de ser ridículos/as
Todos/as, sen lugar a dúbidas, somos ridículos/as, abonda con observar a nosa vida
diaria para recoñecer as situacións máis ridículas que un/unha poida imaxinar. O/a
clown debe descubrir ese ridículo e aprender a recorrer a el conscientemente,
divertíndose e, sobre todo, divirtindo ao público.
d) Xogar a saber o que non sabemos
Se preguntamos a un neno ou nena se sabe falar inglés, cantar ópera, practicar
karate,…; seguramente nos contestará que sí. O/a clown sempre pretende saber facer
de todo, o seu optimismo non ten límites, como os/as nenos/as antes de que cheguen
os complexos. Este será o punto de partida de boa parte das nosas dinámicas.

MATERIAIS E NECESIDADES TÉCNICAS

  • Proporcionados pola docente: esquema de actividades
  • Proporcionados polo alumnado: roupa cómoda, esterillas
  • Proporcionados pola organización: espacio diáfano amplo e cadeiras segundo alumnado

LUGAR, DURACIÓN E ORGANIZACIÓN HORARIA

En O Carballiño, na Residencia Tempo Libre O Carballiño

Avenida do Parque, S/N, 32500 O Carballiño.

Cunha duración de 12 h distribuídas en 4 pola mañán (De 10.00 horas a 14.00 horas) e 4 pola tarde (de 16.00 horas a 20.00 horas) no sábado 14 e domingo 15 de xuño de 2025.

Número de asistentes:
Entre 15 e 20

Custe:
15 € membros de FEGATEA-FETEACYL
55 € persoas non federadas.

Data límite inscrición:  6 de xuño de 2025.

Formulario de inscrición premendo na ligazón: Obradoiro clown, Fran Rei

 

Comparte nas túas redes