Antón Coucheiro

Fotografía de : Xoan A. Soler

Anton Coucheiro e actor, director e guionista, sempre con tendencia comica. Formado en Espazo Aberto (Compostela), HAMU (Praga) Fundicao Progresso (Rio de Janeiro). Master de Guion para Television na URJC (Madrid), Mestrado en Direccion de Teatro pola ESMAE (Porto) e Diplomado en Improvisacion Teatral pola Universidad del Bosque (Bogota).
Estudou clown con Leo Bassi, Jango Edwards, Eric de Bont, Johny Melville, Philippe Gaulier, Michel Dallaire, entre outros; e impro con Omar Argentino, Gustavo Miranda, Fena Ortalli, Beto Urrea, Gigio Giraldo; Sergio Paris, Gonzalo Rodolico, entre outros.
Traballou como actor en companias galegas de teatro (Chevere, Matarile, Factoria, CDG, CDN, etc) e estranxeiras (Deborah Colker en Brasil, Popovici en Praga e New York) ademais de fundar as suas propias: Pista Catro (novo circo), Arrepentimentos de Padron (clown), TheMomento (impro), e de producir e actuar en solitario en espectaculos para teatro e rua (Cigani, Psicopata, Multiple, Smart, Sonambulo, Home).
No ambito audiovisual actuou en series (Pepe o Ingles, Matalobos, Padre Casares, La que se avecina, Pazo de Familia, Farina, Vivir sin permiso, Serramoura, Caso Asunta, Servir e Protexer, etc) e participou coma comico en programas da TVG (Mundo Verbena, Luar, A Casa da Conexa, Os Aspirantes). Como guionista realizou practicas en series e programas de Globomedia (Aida, El Barco, El Club de la Comedia, El Intermedio). Actualmente escrebe para os programas da TVG Malo Sera e Escaparate. Tamen escribiu e dirixiu as suas propias curtas, emitidas ambas en TVG (As Carreiras Secretas, mencion especial en Cans 2007, Katiuska).
Coma xestor cultural estivo a fronte de proxectos como os cabares de circo da Sala Nasa, as Festas Do Circo (2000-2009), a Escola de Circo Circo Nove, a casa de microteatro A Regadeira de Adela (2012-17), o Festival de Teatro de Rua D́ Gorra (2004-2009) e o Festival de Impro Imperdible (2016-17) e o espazo cultural Espontanea.
Como docente impartiu cursos de clown e impro en Galicia e Espana, asi como en numerosos paises (Colombia, Peru, Costa Rica, Portugal, Brasil, Mocambique, India, R. Checa, Cuba, etc.)

QUE É A IMPRO?

A improvisacion teatral, a impro, e teatro. Outra forma de facer teatro. Escenas creadas de forma instantanea, sen texto escrito nin preparacion previa, e nas que o actor ou actriz, aos que chamaremos xogador ou improvisador, interpreta a ficcion no mesmo momento en que o esta creando.
Como na maioria das obras de teatro, adoita haber personaxes, accions, conflictos, lugares onde sucede a ficcion, variedade de sucesos e transformacions… pero na impro, o as actrices non so traballan como
interpretes da historia, tamen son responsables da dramaturxia e da posta en escena. E por tanto, tamen escritora e directora teatral simultaneamente.

COMO FUNCIONA A IMPRO?

Para crear escenas, a improvisadora dispon do seu corpo, da sua voz e do seu imaxinario. E tamen das suas companeiras. Este tipo de teatro, ao ser creado no mesmo momento en que se actua, non adita disponer de vestiario, escenografia, atrezzo nin outros obxectos que se usan habitualmente no teatro convencional. A realizacion de escenas implica recreacion de espazos e obxectos de forma mimada, e dicir, accionando co corpo e apoiandose na palabra, a improvisadora desena os distintos elementos que vai necesitando:
portas, mesas, xanelas, abrigo, boli, vento, gato, coche, piscina… Utilizando o corpo e a voz tamen creara os personaxes.
As improvisacions empezan as veces a partir dunha idea previa que situa minimamente aos participantes (por exemplo, comeza cunha parella de noivos nunha exposicion de cadros), outras con algun dato mais conciso que serve como punto de partida (un actor que comeza afeitandose, por exemplo) e outras veces sen un punto de partida definido antes de sair a improvisar. A medida que avanza a escena, irase concretando e enriquecendo a ficcion ao calor da accion, e dicir, iranse achegando datos e elementos dramaticos para
desenvolver unha historia. As improvisadoras van facendo propostas, tomando decisions e ponendo en xogo os recursos grupalmente.

O resultado:

Unha creacion colectiva unica e irrepetible, construida momento a momento a partir dos impulsos e ideas das participantes.
Para chegar aa representar pezas de teatro improvisado, e necesario desenvolver certas actitudes e habilidades en grupo, asi como conecer e adestrar a tecnica propia desta disciplina. Improvisacion non ten que ser, polo tanto, sinonimo de caos, a impro debe ser adestrada e cultivada. Canto maior sexa o grao de experiencia dos xogadores, maior calidade teatral acadaran nas suas creacions. A complicidade, a capacidade de tomar decisions en grupo, o uso das ferramentas tecnicas e o manexo do espazo e o tempo, iran
mellorando e enriquecendo as impros a traves da practica e da analise.
As escenas improvisadas en ocasions son bosquexos, as veces brochadas un pouco grosas, pero outras veces resultan magnificas creacions que tenen o atractivo dunha elaboracion minuciosa e detallista. Construidas co minimo, poden acadar unha orixinalidade, riqueza e levedade sorprendentes.

PARA QUE SERVE A IMPRO?

Na impro podemos ver un obxecto artistico durante a sua creacion, e ao mesmo tempo, presenciar aos artistas no seu momento creativo, xa que as improvisadoras son creadoras e creacion a vez. Podemos asistir a poetica teatral ao descuberto.
A impro, polas suas multiples posibilidades, e un espazo ideal para o desenvolvemento da expresion artistica. Tamen unha magnifica ferramenta de crecemento persoal. Podense adquirir ou fortalecer diversas habilidades e actitudes a traves desta disciplina teatral.
Coa impro melloranse as capacidades de percepcion, expresion e comunicacion. Potenciase a creatividade e a imaxinacion. Fomentase o conecemento persoal do outro. Favorecese a autoestima, a autonomia, a
tolerancia e o compromiso. Adestrase a rapidez de resposta. Estimulase o sentido do humor e o pensamento creativo.
E por riba de todo iso, esta a grandeza da creacion colectiva. Nun adestramento de impro, descubrense multitude de posibilidades grazas ao grupo. Inventanse historias, xogando situacion e personaxes, sumanse
propostas e enerxias, que, postas ao servizo do quefacer teatral, propician experiencias moi enriquecedoras.
Improvisar e abrir novas portas, transitar insolitos lugares e estar aberta ao encontro. A impro e un lugar onde espertar a espontaneidade, a sensibilidade, a fantasia. Na vida cotia afacemonos a ocultar, reprimir ou aparazar as nosas inquedanzas, desexos, medos e sentimentos, e asi deixamos de ser espontaneas. Coa impro animaste a escoitar os teus impulsos e conseguir expresalos. A IMPRO E A ARTE DA ESPONTANEIDADE.

METODOLOXÍA

Este curso esta orientado para iniciantes que queren afondar nos fundamento da tecnica. Traballaremos as bases da impro, nunha abordaxe practica na que aprenderemos a manexar e a integrar certas ferramentas e conceptos indispensables para crear escenas improvisadas. A traves de xogos de quecemento, de tecnica e de improvisacion, iremos aprendendo a crear historias e situacions en directo.

QUEN PODE FACER IMPRO?

Non e necesario ser un profesional para participar na creacion artistica. A impro non e elitista nin exclusiva de uns poucos. Calquera persoa pode gozar e divertirse facendo teatro improvisado. A impro e un teatro democratico, para a artista virtuosa, a entusiasta afeccionada e o animoso principiante. Un dereito e un pracer para que todas desenvolvan a sua expresion artistica.

CONTIDOS

  • Escoita e Aceptacion: Si, e ademais… Evitar bloqueos
  • PROL (personaxe, relacion, obxectivo, lugar)
  • Proponer e aceptar. Propostas abertas e pechadas.
  • Crear espazos e obxectos imaxinarios. Mimica. Accion no espazo baleiro.
  • Personaxes improvisadas
  • Contar historias . Principios e finais. Motores e acontecementos
  • Status e Estilos
  • Xogos de Impro Deportiva

Requisitos participantes: Moitas ganas de aprender e divertirse. Roupa adecuada aos contidos do obradoiro, A partir de 16 anos de edidade.

Custe:
10 € membros de FEGATEA-FETEACYL
50 € persoas non federadas.

Data límite inscrición:  31 de maio de 2024.

Formulario de inscrición premendo na ligazón: Obradoiro de improvisación, con Antón Coucheiro

 

Comparte nas túas redes