POSIBILIDADES TÍMBRICAS E REXISTRO TONAL
Este obradoiro busca profundizar sobre a parte vocal na interpretación.
MÓNICA DE NUT (Descarga curriculum)
Publicacións de Mónica de Nut no FACEBOOK
OBXECTIVOS
- Explorar o noso rexistro tonal de xeito controlado, consciente e saudable
- Experimentar cos resoadores corporais e a tímbrica que proporcionan: armónicos agudos, medios e graves segundo onde fagamos resoar a nosa voz.
- Ampliar as posibilidades expresivas da nosa voz sen perder proxección nin dicción
- Adquirir versatilidade na procura do son vocal axeitado ás características da persoaxe a interpretar
PROCEDEMENTOS
- Exercicios de vocalización grupais para ampliar o rexistro tonal
- Exercicios para a activación dos resoadores corporais para ampliar a riqueza tímbrica- armónica vocal.
- Xogos en grupo para desenvolver posibilidades tímbricas de xeito intuitivo (voz estridente, clara e oscura)
- Prácticas co uso de voz estridente, clara e oscura
- Prácticas individuais con texto breve que se traerá impreso individualmente
- Actividades grupais con textos proporcionados na aula
MATERIAIS E NECESIDADES TÉCNICAS
- Proporcionados pola docente: textos grupais, esquema de actividades
- Proporcionados polo alumnado: roupa cómoda, esterillas
- Proporcionados pola organización: espacio diáfano amplo e cadeiras segundo alumnado
LUGAR, DURACIÓN E ORGANIZACIÓN HORARIA
En Santiago de Compostela, na sede da Fegatea, no antigo colexio do Castiñeiriño, ao carón da Igrexa de Nosa Señora de Fátima.
Cunha duración de 16 h distribuídas en 4 pola mañán (De 10.00 horas a 14.00 horas) e 4 pola tarde (de 16.00 horas a 20.00 horas) no sábado 14 e domingo 15 de setembro do 2024. Poderase someter a variacións sembre que se chegue a acordo de todo o grupo.
Número de asistentes:
Entre 15 e 20
Custe:
10 € membros de FEGATEA-FETEACYL
50 € persoas non federadas.
Data límite inscrición: 1 de setembro de 2024.
Formulario de inscrición premendo na ligazón: Obradoiro intensivo de técnica vocal con Mónica de Nut