Obras

Encarcelados

Encarcelados

Cóntanos a relación entre unha presidiaria e o seu axente encargado de vixiala, nunha noite especial. Ligazón ao video: https://drive.google.com/file/d/1lKqqciaU3rwwGXgM67oAOVz0NeMiBDC6/view?usp=sharing https://fegatea.gal/grupo/max-teatro/...

Entrañas negras

Entrañas negras

Tres irmáns, Isaura, Hortensia e Aurora, velan ó defunto marido da primeira no pazo familiar, no que semella que os reloxos quedaron parados noutro tempo. Filomena, a fiel criada, parece o seu único contacto co exterior. Nunha treboenta noite de agosto, o sobrenatural...

Pan con chocolate

Pan con chocolate

Tres “nenos” e tres “nenas” que se acaban de “retirar” reúnense para celebrar a xubilación da máis nova dos seis e, inevitablemente, recordan as cousas da súa vida, de cando, efectivamente, eran nenos e nenas. Así, pouco a pouco, van saíndo temas que a todas e todos...

O traballo de Andrea

O traballo de Andrea

“O traballo de Andrea” é unha obra sobre o papel que xoga a xente nova na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a Postguerra. Andrea é unha moza que está preparando a súa tese de doutoramento. Para iso decidiu facer un traballo de investigación sobre o...

Vaia lío!

Vaia lío!

Nesta representación vese a estrea dunha obra de teatro de misterio dunha compañía de actores afeccionados. Esta estrea, vai resultar un gran lío onde se dan situación cómicas, de misterio, de medo, de amor, de complicidade e chea de escenas divertidísimas.

Río Bravo

Río Bravo

Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase Río Bravo, onde os homes son homes e as mulleres tamén. Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western» e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e...

Croquetas

Croquetas

Que acontece cando combinas un guión horrible e un director nefasto cuns intérpretes ineptos e faltos de calquera sentido artístico e teatral? O desastre é inevitable.

Un mal día teno calquera

Un mal día teno calquera

Paco e Cristina, a pesar da súa mala situación económica, convidan aos seus amigos a unha cea de Nadal na súa casa, pero, á súa chegada, Natalia anuncia que o seu marido, Patricio, sufriu un accidente aéreo e nada se sabe del. A tráxica nova coincide con outra de...

O boleto premiado

O boleto premiado

Nun pobo tranquilo aparece un boleto da primitiva premiado cunha grande cantidade de diñeiro. Pero a fortuna non só trae alegría, ás veces tamén pode traer problemas e trastocar a tranquilidade, non só da persoa afortunada, senón tamén dun pobo enteiro que corre o...

Un xesto político

Un xesto político

Unha muller semi espida é torturada e xulgada nunha sinistra estancia de ningún lugar. O xurado? Os homes. O delito? Ser muller e ser libre.

O Agasallo

O Agasallo

Elisa vive coa súa avoa. Está nunha cadeira de rodas despois dun grave accidente de circulación. Polo seu aniversario recibe un misterioso agasallo. É un regalo que non parece moi apropiado para a súa idade e nin sequera sabe de quen procede, pero parece estar...

Sopa de Morcego

Sopa de Morcego

A micro escena Sopa de Morcego trata dunha parella amorosa entre duas mulleres que co paso dos anos viven inmersas nunha crise importante, atísbase un divorcio inminente ata que unha delas Lili compra unhas gafas de realidade virtual para darlle unha volta as...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.