Carmen desapareceu sen deixar rastro. Era o día do seu 17 aniversario e coincidía toda a familia por fin. Saíu pola tarde e xa non volveu, ninguén a viu saír nin ninguén sabe onde está. Susana, súa nai, chamou á policía esa mesma noite, pero non a toman en serio......
Adulto
(Desfeita) A chamada das oito
A acción desenvólvese no mes de setembro, nos nosos días, nunha cidade calquera con mar e aeroporto. Sabina García é unha actriz que desexa acadar os seus soños como tal, algún día: conseguir mellores papeis. Tamén desexa e soña con ser nai dunha familia numerosa....
(Desfeita) Pelo e Barba
Nun salón de peiteado dun barrio calquera, a piques de rematar o día, entra un home decidido a qué lle corten o pelo. Son máis os nervios que calquera outra cousa o que lle empurra a acceder ao establecemento onde será atendido por un pachorrento perruqueiro con...
(Disfunción Continua) As nenas raras non van ó ceo
Pippi, Wendy, Heidi e Mary Poppins agardan na residencia "Felices para sempre" a ser desafiuzadas polo malvado doutor Grimm. A repentina morte da súa amiga Carapuchiña Vermella fará que as nosas catro heroínas teñan que levar a cabo o plan máis absurdo e inconcibible...
(Porta Aberta) Que farían sen min?
Na casa de Ana todo é un sen vivir, a súa filla non pode vivir sen ela, o seu marido non pode traballar sen ela, a súa veciña non pode falar sen ela. Todo pasa por ela, pasan os anos e nada cambia ata que un día aparece o amor da xuventude e os soños retoman a ilusión...
(Antas de Ulla) Sindo
Paquita é a nai de Dores, Sole e Isa. Sofre Alzheimer e vive nunha residencia. Durante unha das visitas das súas fillas, comeza a falar dun tal Sindo, alguén de especial importancia durante a súa xuventude e que as súas fillas non coñecían. A partir destas palabras,...
(Pico do Castro) O Randiña vai o médico
O Randiña acode á consulta despois de levar unha chea de tempo agardando pola cita. Xa na sala, mentres espera a que o chamen, comeza a contar as súas peripecias e mais as dos veciños que tiveron que ir ao hospital, cada cal máis pintoresca ca anterior. Entre historia...
(Ollomao) Dona Clara
A multimillonaria Clara Zahanassian regresa á vila da súa infancia, cuxos habitantes viven pobremente e están endebedados, a diferenza das vilas da contorna que si progresaron economicamente. Clara parece mostrarse xenerosa e ofrece mil millóns de euros á súa vila...
(Ditirambo) Ruido
A sabotaxe perpetrada contra unha granxa de pitos conduce ao idealista Gabo a prisión. Obsesionado co ruído que impera no mundo e atormentado polos danos ocasionados no galiñeiro, organiza un motín cos compañeiros do cárcere a fin de recuperar la liberdade e dar voz...
(O Trasno) Daquelas conversas
Tres mulleres foxen dun mesmo enemigo. O azar —ou quizais o destino— crúzaas nun punto sen retorno, onde as súas vidas quedan irremediablemente entrelazadas. O TRASNO TEATRO
(Pico do Castro) Trato a cegas
O tío Prudencio e máis Freitoso son dous cegos, con perdón do tópico, con moita vista, en máis dun sentido. Dedícanse a percorrer vilas e aldeas tratando de gañar un anaco de pan para comer, dunha forma dura mais seguramente moito máis honrosa que a que desenvolven...
(Lameiro) O lago das nenas malas
Xan é un xove de pobo que chega a Vigo coa intención de buscar moza e casarse novamente. Coñece a Jenniffer de xeito casual nun bar e a leva á casa da súa tía para llela presentar á súa nai e á súa tía. Jenniffer déixase levar polos acontecementos ainda que síntese...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.











