Ana leva pechada na súa habitación desde que se foi Jack hai 1 ano e 27 días. Deixouna pola guerra, e ela viuno marchar apoiada na xanela. Con el ían os seus soños de escapar ao idílico Cincinnati e casar o día de entroido. Farta de agardar, Ana decide suicidarse...
Xuvenil
Porcos do país
“Porcos do país” é unha comedia de personaxes na que o espectador poderá acompañar ao Padre Muñoz, o crego da aldea de Eiriñas, no seu soño para reconstruír a súa igrexa. Non ten cartos e viuse obrigado a transformar o templo nun albergue de peregrinos no que el é...
A LIORTA
Imos presenciar unha escena doméstica entre dous polemistas natos, profundos e corrosivos. Acontece no s. XVIII, o Século das Luces, na apoteose da Ilustración. De contado xurdirá a contenda entre dúas maneiras de entender a vida, o pensamento, a cultura, a sociedade....
Fráxiles
Unha historia de historias, ás veces non tan fráxiles nin delicadas. Construída con fragmentos, anacos e con elementos aparentemente alleos, pero que conforman un universo, no que resucita de súpeto una roseira morta. Unha costureira pega un crucifixo á parede con...
O Caso Martha Stutz
Hai máis de oitenta anos da desaparición de Martha Ofelia Stutz, unha nena de nove anos de idade, natural da cidade de Córdoba, na Arxentina. O caso desta menor, que ben poidera ser un máis da nosa actualidade, nunca foi resolto. Os principais sospeitosos quedaron en...
O pequeno poni
A Breixo, neno de 10 anos, tras sufrir ataques físicos e verbais, prohíbeselle a entrada no centro escolar onde estuda por levar consigo unha mochila ilustrada cos debuxos da serie infantíl “El pequeño pony”. A dirección do colexio considera “detonante de acoso” o...
Punta, tacón
Todo esforzo ten a súa recompensa...aínda que ás veces sexa necesario recurrir a calquera tipo de artimaña para acadar os nosos soños. Punta, tacón é a historia dunha moza, filla do Rei de Pacífica, que debe renunciar a cantar polo ben de coroa, pero que pronto...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.