Damecuerdaqueteatro

» Provincia

A Coruña

» Localidade

Pontedeume

» Enderezo

Pontedeume

» Sitio web

» Email

damecuerdaqueteatro@gmail.com

» Teléfono

616312984

» Presentación

DameCuerdaQueTeatro somos un grupo de persoas ás que nos encanta subirnos ás táboas e necesitámolo case tanto como respirar. Gústanos todo tipo de teatro, o mesmo nos da comedia ou traxedia, clásico ou moderno, profundo ou lixeiro… sempre que nos faga sentir algo. Levamos dende 2010 afincad@s en Pontedeume, pero dando tumbos polo mundo como grupo e dende aquela estivemos intentando que a xente disfrute tanto coas nosas actuacións, como nós no proceso de crealas e representalas.

Este conxunto de alegres perturbad@s sempre estamos desexando que chegue a próxima representación e poder facer chegar ó público as nosas ganas e a nosa paixón. Formamos parte dese grupo de ilusas e ilusos chamad@s teatro amateur. Roubando tempo ó descanso e con recursos moi escasos (ou inexistentes) temos a determinación de chegar ó público e facelo disfrutar (xa sexa rindo ou chorando).

Sobre un escenario so podemos ser felices, pero non so podemos ser felices sobre un escenario. Así que tamén facemos teatro de rúa, participamos en recitais poéticos, impartimos algún curso, colocámonos detrás das cámaras, facemos de presentadores e… en resumo calquera cousa que nos propoñan. Encántanos os retos e as cousas novas.

Así que xa sabedes, retádenos, estámolo desexando.

» Obras

(DameCuerdaQueTeatro) A besta da illa

(DameCuerdaQueTeatro) A besta da illa

Un grupo de oito nenas e nenos acaba nunha illa deserta. Teñen calor, sede e fame e queren que os rescaten. Necesitan poñer normas para organizárense. Quen será líder? Pero non están sós, unha besta asexa entre as árbores... Necesitan facer lanzas....

Vaia Idiotas

Vaia Idiotas

Algunhas afeccións poden ser… crueis, como convidar a descoñecidos para rirte deles. Maquetas e calmantes, editoras literarias e inspectores de facenda, chamadas de teléfono e partidos futbol son ingredientes desta comedia.

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.