Condicións xeráis
de acceso e uso do sitio web fegatea.galA páxina web www.fegatea.gal é propiedade da FEDERACIÓN GALEGA DE TEATRO AFECCIONADO (en diante, FEGATEA), con enderezo para efectos de notificación en Rúa da Virxe de Fátima, 2 15702 Santiago de Compostela A Coruña, CIF núm. G15810039, e enderezo de correo electrónico fegatea@fegatea.gal, a través do cal se facilita información sobre as súas actividades e/ou servizos.
O acceso e uso do sitio web atribúe a que o realiza a condición de “Usuario” e implica a aceptación plena, expresa e sen reservas das presentes condicións xerais, vixentes no momento do acceso. Se o usuario non comprende plenamente estas condicións de uso ou non está de acordo con elas, deberá absterse de utilizar e operar a través deste sitio web.
As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de FEGATEA por parte dos usuarios que acceden e/ou navegan por www.fegatea.gal. As presentes condicións xerais están expostas en todas e cada unha das páxinas da web fegatea.gal, para que os usuarios poidan lelas, imprimilas e arquivalas.
PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO
O uso da páxina web da FEGATEA é gratuíto e non precisa de rexistro previo de usuario. Naqueles casos nos que o acceso e/ou uso de determinados servizos e/ou contidos requira o rexistro ou subscrición dos usuarios, será necesario que estes acepten previamente a correspondente Política de Privacidade e as Condicións Xerais específicas, non sendo posible o acceso aos mesmos sen tal aceptación.
As condicións de acceso e uso deste sitio web réxense estritamente pola lexislación vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario a facer un bo uso do sitio web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren dereitos ou intereses de terceiros (dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc.), ou a lexislación vixente.
FEGATEA prohibe expresamente:
- Realizar actuacións que poidan producir na web ou a través dela, por calquera medio, calquera tipo de dano nos sistemas de FEGATEA ou a terceiros.
- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial de forma directa ou encuberta, enviando correos electrónicos masivos (“spamming”) ou enviando grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (“mail bombing”).
O usuario comprométese a non utilizar o sitio web, nin os contidos ou informacións e/ou os servizos nel ofrecidos para realizar actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.
FEGATEA poderá interromper o acceso á súa páxina web en calquera momento se detecta un uso contrario á lei, á boa fe ou ás presentes condicións xerais.
SEGUNDO.- CONTIDOS
Os contidos incorporados a este sitio web foron elaborados e incluídos por FEGATEA, utilizando fontes internas e externas, de tal xeito que FEGATEA só se fai responsable dos contidos elaborados internamente.
FEGATEA resérvase o dereito a modificar o contido existente na súa páxina web en calquera momento. FEGATEA non garante nin se fai responsable do correcto funcionamento das ligazóns a sitios web de terceiros que aparecen en fegatea.gal.
Ademais, a través da páxina web fegatea.gal poderán poñerse a disposición dos usuarios servizos gratuítos e/ou de pago ofrecidos por terceiros, que se rexerán polas condicións particulares dos ditos servizos. FEGATEA non garante en ningún caso a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exenta de calquera tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.
TERCEIRA.- RESPONSABILIDADE
FEGATEA en ningún caso será responsable de:
- Fallos e incidencias que se poidan producir nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de tal forma que non se garanta que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.
- Da produción de calquera tipo de dano que os usuarios ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.
- A fiabilidade e veracidade da información introducida por terceiros no sitio web, ben directamente ou mediante enlaces.
FEGATEA resérvase o dereito de suspender o acceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata o aseguramento da responsabilidade efectiva dos danos que puidesen producirse.
FEGATEA colaborará e comunicará á autoridade competente as incidencias anteriormente sinaladas no momento en que teña coñecemento irrefutable de que o dano causado constitúe calquera tipo de actividade ilícita.
CUARTA.- DEREITOS DE AUTOR
Os contidos, programación e deseño da web fegatea.gal están totalmente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida calquera reprodución, comunicación, distribución e transformación dos citados elementos protexidos, salvo consentimento expreso de FEGATEA.
FEGATEA poderá utilizar fontes externas para elaborar o seu contido e establecer enlaces ou hipervínculos a artigos ou información de terceiros, sempre citando a fonte. O propietario lexítimo do copyright da información así incluída poderá solicitar en calquera momento a eliminación do citado contido.
Tanto os materiais gráficos como os escritos remitidos polos usuarios a través dos medios postos á súa disposición na páxina web son propiedade do usuario que, mediante o seu envío, afirma a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución a FEGATEA.
QUINTA.- XURISDICCIÓN E LEI APLICABLE
Estas condicións xerais réxense pola lexislación española. Os Xulgados de Santgiago de Compostela son competentes para resolver calquera controversia ou conflito derivado das presentes condicións xerais, renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidese corresponderlle.
SEXTO.- VARIOS
No caso de que algunha cláusula deste documento fose declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a propia finalidade das presentes condicións. FEGATEA non poderá exercer ningún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non suporá en ningún caso a renuncia ao mesmo, salvo que FEGATEA o recoñeza expresamente.
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.