Grupos

Consulta os grupos federados na FEGATEA
A Tequerreté creouse no ano 2015 froito das inquedanzas dun grupo de persoas cun interese común: as artes escénicas en galego. A nosa finalidade é aportar o noso gran de area na vida cultural galega e poder compartir co público e demáis compañías de teatro afeccionado a nosa afección polo teatro.
!Abran Paso! é unha Asociación Cultural creada en 2005 co obxetivo de difundir o teatro en todas as súas facetas. Os seus membros comparten o amor polo teatro e teñen por separado un cirrículo do máis diverso. Diversidade que lles permite afrontar dende as obras máis contemporáneas, ata o repertorio clásico, café teatro, microteatro, animacións de rúa, obradoiros, etc.
Achádego Teatro naceu no ano 1988, despois do encargo de facer unha montaxe para celebrar o cuadraxésimo aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Os actores e actrices que levamos a cabo este proxecto decidimos crear o grupo. Dende entón polo grupo pasaron un cento de actores e actrices. Nestes 34 anos Achádego montamos máis de 100 pezas de teatro, de sa e de rúa, de autores galegos coma Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Marica Campo, Curros Enriquez, Blanco Amor, Luís Seoane …. Anxel Fole... Textos propios do grupo, e con temas de tradición oral. Camiñamos pola Roma clásica coas comedias de Plauto e Terencio, pola Italia e a Inglaterra renacentistas con Maquiavelo e Shakespeare , pola Rusia decimonónica de Chejov e pola Bélxica de Guelderode,. Tamén andamos por España da man de Alejandro Casona, Alfonso Sastre, Alonso de Santos e Buero Vallejo. Desde hai 25 anos, participamos nas festas do San Froilán coa montaxe “Os Pelúdez entre nós” Colaboramos coa asociación Fonmiñá participando na Semana Internacional de Cine de Lugo con animación de rúa e levando ó público escenas emblemáticas do cine. Así mesmo colaboramos con outras asociacións como a Valle-Inclán. Participamos en algunha películas, documentais, televisión... Na actualidade, ademais da peza principal que temos en cartel-Nadal na casa dos Lamelo- temos outras de máis pequeno formato, 1.-Por unha parte, facemos unhas visitas teatralizadas ao cemiterio de Lugo, unha vez ao mes, nas que damos a coñecer non so a súa arquitectura multipremiada, senón tamén a vida e obra de personaxes alí enterrados: Os músicos Xoán Montes, Gustavo Freire, os escritores Luís Pimentel, Anxel Fole... 2.-E por outra parte, tamén visita teatralizada ao Vello Cárcere de Lugo, no que non so damos a coñecer a súa fermosa arquitectura, senón tamén, os personaxes que alí estiveron presos.
A Agrupación Teatral Mariñán somos un grupo de teatro afeccionado fundado no ano 1994 coa orixe no instituto de secundaria. Desde entón montamos numerosos espectáculos que paseamos por toda Galicia, Asturias e Zamora. Somos ademais coorganizadores xunto co Concello de Betanzos do Encontro de Teatro Afeccionado que todos os meses de febreiro enche de teatro a nosa vila.
No Nadal do ano 2002, un grupo de mozos e mozas que participabamos na Aula de teatro do concello de Vedra, decidimos retomar a actividade da Asociación Cultural Papaventos (1988) e volver facer teatro. Foi así como , ao abeiro desta asociación, naceu o grupo Andaravía Teatro. Desde entón Andaravía Teatro estreou espectáculos de distintos xéneros: comedia, drama, teatro do absurdo, sainete, musical, pasarrúas, visitas teatralizadas, teatro infantil...que foron representadas máis alá de Galicia e de España (Portugal, Arxentina ou Italia). A nosa paixón polo teatro fixo que no 2004 botaramos a andar Teatrofilia, mostra de teatro amador de Vedra, co fin de proporcionar un espazo de expresión artística para o grupos de teatro afeccionado e contribuír, ao tempo, á dinamización cultural do noso concello e comarca.
A "Asociación Cultural Charamela" de Melide (A Coruña) empeza a súa andadura en abril do 2004 coa posta en escea de "Almas sinxelas" de Prado Lameiro, para recadar fondos para a excursión de fin de curso dos nenos do Colexio Mestre Pastor Barral de Melide. Pero non é ata o ano 2006, cando se converte en asociación cultural presidida, desde o seu inicio, por Mary Gómez Neira. No ano 2013 Charamela empeza a ensaiar o grupo de teatro infantil e xuvenil das Escolas culturais do Concello de Melide. O grupo de teatro afeccionado Charamela puxo en escea máis de trinta obras desde a súa creación. Na actualidade o grupo de escea está formado por dezaoito persoas, dirixidos por Mary Gómez Neira. Ademais, tamén conta co equipo que se encarga dos decorados, son, iluminación, maquillaxe e vestiario. Participa, desde a súa creación, na Rede Cultural da Deputación de A Coruña Actuou en varias edicións: Mostra de Teatro Popular “Maruja Villanueva” de Chantada Mostra de teatro afeccionado Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño Festival de teatro entre culturas de Verín Veladas de teatro no Souto de Cervo Ciclo de teatro afeccionado FEGATEA A asociación organiza cursos de interpretación teatral e posta en escea. Charamela creou en agosto do 2010 o Encontro Interxeracional “O abrazo das edades” que se prolongou o longo dos anos. Nestes encontros o que se pretende e poñer de manifesto a importancia das relacións e intercambio de vivencias entre persoas de diferentes idades e nesles leváronse a cabo representacións teatrais, exposicións, obradoiros de cociña, homenaxes a persoas e asociacións, actuación de grupos musicais e teatrais de Melide e de fora, e o concurso “Ti sí que vales” que pretende mostrar o bo facer de nenos/as, mozos/as e maiores en diversas facetas como baile, canción, máxia... Organiza desde o ano 2012 o Ciclo de Teatro Afecionado: “Teatro no Cerne”, no que actúan grupos de teatro de toda Galicia. Colaborou co Concello de Melide na realización das alfombras de Corpus, da cabalgata de Reis e na Feira do 1900 en Furelos e participo na elaboración dos cabezudos e dos estandartes do Carme Demos o Pregón da segunda edición do Mercado Medieval Peregrino Creamos en novembro de 2014 “Xuventude Sá” para fomentar os bos hábitos na nosa xuventude. No que tivemos cursos de primeiros auxílios, xogos populares con merenda saudable para todos os participantes e pola noite a actuación dun grupo de música. Contamos cun equipo de traballo que se adica á creación de comparsas para o entroido. Levamos a cabo o magosto e celebramos a noite de San Xoan, xa que nos parecen interesantes estas iniciativas para que non se perdan as nosas tradicións. No ano 2016, Charamela recibe a medalla de Ouro do Concello de Melide, en recoñecemento do labor cultural que desempeña a través, entre outras actividades, do teatro. No ano 2019, o Servizo de Normalización Lingüística de Melide otorgoulle á Asociación Cultural Chamarela o premio comarcal á defensa do idioma galego.
Catro Gatos Teatro de Bergondo está formado por veciños da localidade cun claro interese polas artes escénicas. A asociación nace como resposta ao traballo que se leva realizando dende a base cos nenos e nenas de Bergondo. Creada no ano 2016, ademáis dos seus espectáculos teatrais producíu o primeiro filme para internet en lingua galega "Cuestión de principios". Entre as pezas teatrais estreadas dende a súa formación destacamos "Dramatizadas" e "Río Bravo". Esta última é unha montaxe estreada neste 2023 insiprouse na aclamada obra do grupo Chévere.
A Asociación Teatral Pedroso formámola un grupo de persoas unidas polo apego á representación teatral e levamos moitos anos xuntos facendo tetro afeccionado. As obras que representamos , todas elas comedias, son orixinais, escritas e dirixidas por unha das compoñentes do grupo, Betty Couce.
Somos a Asociación Cultural Teatro Carauta e pertencemos á Asociación Veciñal do barrio de San Pedro "A Xuntanza" de Santiago de Compostela. Contamos cunha traxectoria de 32 anos no teatro amador de Compostela. Actualmente formamos parte do grupo 18 persoas de diferentes idades e na tempada 2022/2023 representamos unha adaptación de "Moito ruido e poucas noces", o clásico de Shakespeare, co que obtivemos dous premios no Certame de Teatro de Lourenzá 2023.
Asociación dramaturxica PICO DO CASTRO, nace co fin de abrir as portas da arte teatral, levándoo a quen non teñen a oportunidade de gozar del. A todos os concellos Asociacións e ao publico en xeral. A asociación ten unha andadura pequena ,dado que nace en 2015. Obras representadas. DE VELLO GAITEIRO- O CONSULTORIO -MATIAS ESTA TOLO- UNHA NOVELA POLICIACA -O TERAPEUTA (Obra en representación actualmente)
Lameiro, Compañía de teatro é unha agrupación dramática, de carácter amador, que principiou as súas andainas nas escenas galega e portuguesa en 1999. Nado inicialmente a partir da ANPA do CEIP Josefa Alonso de Alonso, de Matamá, en Vigo, cos anos converteuse nunha asociación cultural que leva á escena adaptacións en lingua galega de comedias escritas por dramaturgos galegos, españois e hispanoamericanos, principalmente. Esta compañía teatral coida especialmente a súa escenografía, deseñada e creada polo propio grupo; a iluminación, pois conta cun equipamento propio de última xeración; e mais a perrucaría e maquillaxe, para os que dispón de profesionais cualificados. Nos últimos anos, as adaptacións en lingua galega das obras "Unha comedia rural" e "Un mal día", con máis de trinta representacións cada unha en escenarios de toda Galicia e norte de Portugal, fan deste grupo un dos máis singulares no panorama do teatro amador galego.
DENDE A SÚA FORMACIÓN NO ANO 1994 O GRUPO DE TEATRO NACE COMO TAL DENTRO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN , XUNTA A UN COMPACTO CONXUNTO DE MULLERES QUE BAIXO A DIRECCION DE PEDRO PABLO RIOBÓ E FRAN PAREDES LEVAN FACENDO TEATRO ININTERRUMPIDAMENTE DESDE ENTÓN.NA ACTUALIDADE O GRUPO DE TEATRO ESTA DIRIXIOD POR ANTÍA COSTAS CABEIRO. AS SUAS MONTAXES, TODAS ELAS ESTREADAS COMO REMATE DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS QUE COMA CADA ANO ORGANIZA A ASOCIACIÓN NO INSTITUTO DAS BARXAS EN MOAÑA, ENTORNO AO 17 DE MAIO.AS SÚAS OBRAS TIVERON COMO DENOMINADOR O TÓN COMICO, NOS ÚLTIMOS ANOS DRAMA,COMEDIA. COMPOÑENTES. O GRUPO DE TEATRO ESTÁ COMPOSTO POR 10 MULLERES PERTENECENTES A ESTA ASOCIACIÓN . NESTES MOMENTOS ESTA DIRIXIDO POR ANTÍA COSTAS CABEIRO. SEGUIDANENTE PASAMOS A DETALLAR AS OBRAS MAIS IMPORTAN. - FARSA DAS ZOCAS. (1994) RICARDO CARVALHO CALERO - PEQUENA FARSA DOS AMORES DESENCONTRADOS. (1995) XENARO MARIÑAS DEL VALLE. - PARA ACABAR AS NOIRES ASI. (1995) MONOLG BREVE PEDROP.RIOBO. - A TIA LAMBIDA- EDUARDO BLANCO AMOR - PAUTO DO DEMO(1997) ANXEL FOLE - AMOR E CRIMES DE JUAN EL PANTERA( 1999) - A CASA DE BERNARDA ALBA(199) REPOSICIÓN 2009 - A BODA DE ESGANARELLO(2005) - ROUPA AO CLAREO(09/010) - EFÉMERO -2010-2011 - A BALADA DO CARCERE DE CIRCE(2012) - UNHA DE TEATRO(2014) - BICHERIA (2015) –(2016) - SOÑOS DE CABARET-(2017) - AS IDADES DE EVA-(2018) - A TALAVISIÓN- (2019) - A CASA DAS BRUXAS. REPRESENTACIONS-O GRUPO DE TEATRO DE MOAÑA TEN REPRESENTADO AS SÚAS OBRAS EN DISTINTOS CERTAMES DE TEATRO DE GALICIA, ASI COMA TODALAS SÚAS OBRAS ESTREANSE NO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS QUE ESTA ASOCIACIÓN LEVA A CABO TODOLOS ANOS.O GRUPO DE TEATRO PERTENECE A FEGATEA,ASI COMO PARTICIPA DENDE HAI ANOS NO PLAN CULTURAL DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA. PONTEGAL. A OBRA NOVA .que estrearemos en MAIO do 2022. A CASA DAS BRUXAS.
ATEACO fundarse no ano 2003 froito das inquedanzas culturas dun grupo de personas de distintas idades desenvolvendo ata a actualidade representacións teatrais e organizando distintos circuitos de teatro Amador a través da FEGATEA, á que pertence.
Descripción do grrupo.
Esta agrupación comprométese a empregar a lingua galega e a linguaxe non sexista no desenvolvemento das actuacións que realice Avelaíña Teatro somos un grupo de 14 persoas, máis outras tres que tamén colaboran con nós, fiel ao seu nome. Sen resignarse á escuridade dos tempos que corren..., teima unha e outra vez por alumar o principio e fundamento: de onde vimos, quen somos e onde queremos ir... É por iso que pretendemos facer un teatro que, como a avelaíña, verme na beira dos camiños da noite, procura insistentemente a luz, é dicir, fornecer a cultura, abrir os ollos e espelir a conciencia social. Concibimos o teatro como unha recreación da vida, pero sempre coa finalidade de desenmascarar a existencia hipócrita e hipnotizada.... Para as nosas actuacións practicamente o único imprescindible é o escenario ou un espazo susceptible de se converter en escenario. O resto das condicións técnicas podemos aportalas nós para poder actuar, como indicamos máis adiante. PROPOSTA DE PROGRAMACIÓN Temos en cartel “María Castaña “ que no ano 2018 acadou o premio á mellor posta en escena no II certame de teatro afeccionado do Concello de Lourenzá, e agora tamén, xa podemos representar “A Lola” sobre a Memoria Histórica ,estas dúas escritas polo noso compañeiro e actor Manolo Ayán. Avelaíña Teatro ven de obter no III Certame de Teatro Concello de Lourenzá do ano 2019 (Lugo) 3 nominacións para a súa representación da LOLA, a saber: Premio Conde Santo á mellor representación, Premio Lourenzo ao mellor actor para Xulio Leal e Premio ao mellor actor de reparto para Miguel Anxo Martín. Na gala que tivo lugar o sábado14 decembro, no Concello lugués, foi premiado pola súa actuación ao mellor actor Xulio Leal, e “A LIORTA (Voltaire/Rousseau)” do autor Jean-François Prévand, disputa filosófica, traducida ao Galego pola Profesora Mar Miravalles.
Asociación Cultural y Compañía de teatro amador, afincada no concello coruñés de Oleiros, con sede social en Dexo e adscrita á FEGATEA. Despois de dous anos de aprendizaxe e de contacto coas táboas, decidímonos a dar o salto en xuño de 2008. A nosa primeira obra "A gata sobre o tellado de zinc quente", de Tennesee Williams, foi estreada o 30 de abril de 2009 no teatro de As Torres de Santa Cruz, obtendo varias mencións e un premio en O Grove. "Vodas de Sangue" de F. García Lorca, tamén estreouse o 30 de abril, do ano 2011, nesta ocasión no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Produción de grande formato, con 17 intérpretes no escenario, vestiario e maquillaxe de estilo xaponés, 44 focos de iluminación co deseño e a asistencia do xefe técnico do Teatro Jofre de Ferrol: Antón Arias Marsal. Pasamos do grande formato ao pequeno e engadimos comedia. E así, en xuño de 2012, estreamos 4 obras: “Historia do zoo” (premio ao mellor actor no certame de teatro “Bambalinas Don Bosco” para Kike Vales), de Edward Albee, “Análisis perfecto hecho por un loro” de Tennessee Williams, “A rúa do inferno” de Antonio Onetti e “El amor del gato y el perro” de Jardiel Poncela. “A rúa do inferno” foi galardoada có Premio do Público e o Premio Mellor Actriz (Paula Suárez) no Certame de Teatro Afeccionado 2013 do Concello de Sada. En setembro de 2012, arrincou a montaxe dunha sátira musical de creación propia titulada “Asasinato no Parque de Atraccións” que estreamos no Auditorio de Mera o 6 de xullo de 2013. Cos arranxos musicais de Iago Blanco e Miguel Thomas, cantada en directo. A asociación tamén realizou unha curtametraxe en video dirixida por José Ant. Jiménez: "Algún día". Como parte da experiencia a curta foi dobrada no estudio de dobraxe Babalú Vox polos mesmos participantes. No 2014, comeza o proxecto "Chou mas gou on!" Comedia musical sobe o mundo do teatro que foi estreada con grande éxito en Rianxo o 31 de outubro de 2015. Tras dous anos xirando con varias das obras, o 8 de outubro de 2017, estréase no Auditorio de Mera, Oleiros, a primeira obra infantil da compañía: "Quero ser maior!". Con cancións orixinais de Kike Vales. E, coma as anteriores, escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta. O seguinte proxecto: "Facendo as partixas". Unha obra "tour de force" entre as actrices Nanda Tasende e Paula Suárez, que foi estreada en 2.019, aínda segue en xira tra-lo parón pola pandemia. Ten unha grandísima acollida por parte do público, alá onde vai. E, actualmente, estamos ultimando unha nova montaxe. Un espectáculo de variedades onde se mesturan a comedia de sketches, stand-comedy e cancións en directo.
Cavort é unha compañía de teatro afeccionado que nace no ano 2017, á raiz da amizade profunda que xorde nun grupo de persoas que se coñecen nun clube de teatro dun Centro Sociocultural en Santiago de Compostela. Deste encontro emerxe a necesidade de expresar dun xeito máis persoal a gran paixón que comparten: o teatro. As produccións da compañía son todas orixinais e cun espírito moi desenfadado. Actualmente cavort teatro atópase dentro da Federación do Teatro Galego e na rede Cultural da deputación da Coruña.
Charaviscas Teatro é unha das actividades que ofrece a asociación cultural F. Charaviscas de Domaio (Moaña). A dirección artística está nas mans da actriz María Salgueiro.
DameCuerdaQueTeatro somos un grupo de persoas ás que nos encanta subirnos ás táboas e necesitámolo case tanto como respirar. Gústanos todo tipo de teatro, o mesmo nos da comedia ou traxedia, clásico ou moderno, profundo ou lixeiro... sempre que nos faga sentir algo. Levamos dende 2010 afincad@s en Pontedeume, pero dando tumbos polo mundo como grupo e dende aquela estivemos intentando que a xente disfrute tanto coas nosas actuacións, como nós no proceso de crealas e representalas. Este conxunto de alegres perturbad@s sempre estamos desexando que chegue a próxima representación e poder facer chegar ó público as nosas ganas e a nosa paixón. Formamos parte dese grupo de ilusas e ilusos chamad@s teatro amateur. Roubando tempo ó descanso e con recursos moi escasos (ou inexistentes) temos a determinación de chegar ó público e facelo disfrutar (xa sexa rindo ou chorando). Sobre un escenario so podemos ser felices, pero non so podemos ser felices sobre un escenario. Así que tamén facemos teatro de rúa, participamos en recitais poéticos, impartimos algún curso, colocámonos detrás das cámaras, facemos de presentadores e... en resumo calquera cousa que nos propoñan. Encántanos os retos e as cousas novas. Así que xa sabedes, retádenos, estámolo desexando.
Somos o grupo de teatro “Desfeita Teatro” da comarca de Vigo, Pontevedra, unha compañía de teatro afeccionado que naceu no ano 2017. Comezamos a nosa andaina na escola de interpretación da Sala Ártika en Vigo, baixo a dirección de Fernanda Barrio, coa intención de achegar ó público o aprendido durante varios anos de formación. Na actualidade o elenco está formado por dez actores/actrices; cun amplo rango de idades tanto estudantes como traballadores de diverso índole; desde a rama comercial, sanitaria, docente e mesmo policía local. Levamos seis montaxes realizadas (A Oficina, Drácula o Musical, As Bruxas de Salem, 300 millóns, A Pousada do Tru Tru e O Caso Stutz). Representando ditas obras en distintas asociacións e auditorios da nosa comarca e arredores. En outubro do ano 2021 participamos no Certame de teatro “Pontedeume en obras” de Pontedeume coa obra que aquí ofrecemos: “A pousada do Tru-Tru”. En maio deste mesmo ano, entramos a formar parte da Federación Galega De Teatro Afeccionado (FEGATEA). Temos realizadas varias actuacións solidarias, dúas coa Fundación DisCamino de Vigo e unha coa Asociación AVEMPO no día da Esclerosis Múltiple. Intentamos estar presentes nas redes sociais e ser prolíficos á hora de ensalzar o noso traballo e todo o que teña que ver co teatro en Galicia: Facebook: Desfeita Teatro Instagram: @desfeita_teatro Correo: desfeitateatro@gmail.com Actualmente, continuamos a nosa formación na escola da Sala Ártika, e tratamos de compaxinar a nosa paixón polo teatro coas demáis obrigas e actividades personais.  
A Asociación Cultural Ditirambo Teatro Coruña foi constituída en 2015, aínda que todos os seus integrantes proceden do mundo do teatro e teñen unha ampla traxectoria, ben sexa como actores, dramaturgos ou escenógrafos. O grupo leva representadas ata a data dúas obras de autoría propia: Retrato en Branco e Negro e Anónima 18, actualmente representando a obra "Apuntamentos para un magnicidio. A obra Anónima 18 foi estreada no Museo de Belas Artes de Coruña o 19 de maio de 2017, con motivo da Noite dos Museos. Tamén foi seleccionada nas Mostras de Teatro de Sada, Pontedeume, Arteixo e Zas, obtendo nesta última o Premio do Xurado a Mellor Obra e o Premio a Mellor Actriz, e participou no Certame Agustín Magán 2019. Así mesmo foi galardoada co Premio á Mellor Obra Orixinal, no XXI Certame de Teatro Deputación dá Coruña. Ademais foi representada nos escenarios dos Concellos de Mera, Laxe, Noia, Narón, Caranza (Domingos a Escena) e A Coruña ( Forum Metropolitano, Agora e Centro Social Sacra Familia), Zamora (Festival de Teatro Transfronterizo).
Información do grupo.
No ano 2009 o concello de Oleiros dentro do seu programa de actividades Ocioleiros ofreceu un obradoiro de cabaré que foi o xermolo da compañía. Dende ese ano ofrecimos a veciñanza de Oleiros mostras do traballo desenvolto no obradoiro (escenas, coreografías, playbacks) sempre inspirados na actualidade. O grupo continuou a súa andaina dentro de Ocioleiros ata o ano 2012 no que se decidiu constituír como compañía non profesional. Dende o 2009 ata agora evolucionamos como grupo ata nos converter nunha familia con tódalas idades, estilos, alturas e humores. Temos realizados numerosos espectáculos con longo percorrido pola xeografía galega e algúns deles premiados.
No verán de 2018, un grupo de mozos e mozas, antigos membros da agrupación de teatro escolar Tuéjele Teatro do I.E.S. Fernando Blanco de Cee, xunto cos nosos profesores e directores, Fernando Castro Paredes e Marina Gómez Pose, decidimos formar o grupo de teatro afeccionado, Farándula Velutina, vinculado á asociación cultural As Nove Musas, de Corcubión, co obxectivo de xerar un espazo de creación escénica de espectáculos para todo tipo de públicos. Na nosa breve andadura, xa temos colaborado activamente coa vida cultural da bisbarra e recibidos numerosos premios e mencións. A nosa filosofía é traballar con textos de creación propia. É por iso que a meirande parte das nosas representacións parten de textos do dramaturgo e codirector do grupo, Fernando Castro Paredes, autor merecedor de diversos premios como o Rafael Dieste, o Vidal Bolaño ou o Varela Buxán entre outros; de Marina Gómez Pose, codirectora do grupo ou mesmo de creación colectiva. O elenco de Farándula Velutina está composto por seis actrices e un actor: Elisa Lema, Lucía Senra, Andrea Rodríguez, Cris Martínez, Vanessa Pequeño, Carmen López e Manuel Costa.
Ao primeiro adoitábamos sentarnos nas butacas,
agazapados, así foi que oímos respirar
ao do lado, sentimos cómo se se lle atravesaban
as palabras no ventre e inspiraba
forte para coller aire, parecía un animal
máis. A fauna foi facendo manada, e inda
que camiñamos separados durante anos
por distintas táboas de Galiza, ao final, atopámonos.
Este é o noso primeiro espectáculo
xuntos.
Somos animais de aulas, de anos de aulas,
por iso o tempo foinos formando rigorosamente
na desobediencia, no atrevimento,
no traballo sen descanso, na paixón por
sacar das caixas as luces, na honestidade
ao sacar das caixas o olor a teatro.
Esta fauna sempre migra cando osma o que
o público respira: o asombro.
A Asociación Cultural para a Promoción das Artes Escénicas “Gargallada" nace en novembro de 2006 como unha asociación cultural sen ánimo de lucro ao abeiro da Lei orgánica 1/2002. No ano 2007 créase dentro da asociación o grupo de teatro afeccionado “Gargallada Teatro” que vai ser o eixo central ao redor do que se desenvolven as diversas actividades culturáis. No ano 2009 o grupo entra a formar parte da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA). Ao longo da súa historia, participaron nas diversa montaxes do grupo teatral máis de 20 actores e actrices da comarca valdeorresa. Obras anteriores: Os pecados capitais (2009). A abraiante vida de Braian (2010). A última cinta de Krapp (2011). Non me chames cariño se non o sintes (2012). Quimera (2012). Cincenta: teatro on the rock (2012). O Anel Máxico (2013). Estación Sombrío (2014). Lurpias (2015). Operación Triunfo (2015). Fuga (2015). O xogo de Versalles (2018). Ademásis de amosar os nosos espectáculos polo territorio galego, desde o ano 2012 decidimos dar uns pasos máis alá e participar en certames no resto da península e mesmo no extranxeiro.
O Grupo de Teatro "RUEIRO", pertece o Centro Cultural Artístico e Recreativo "RUEIRO" do Barrio do "Cristo da Vitoria" de Coia, na Rúa Baiona Nº 9. Inicia a súa andaina no ano 1982 cun pequeno grupo de persoas que lles gusta o teatro en galego, escomenzamos con pequenas obras, que representamos no Salón de Actos do Complexo parroquial. Posteriormente nos anos 90 se consolida o grupo e pasamos a preparar e representar obras en galego populares como "Os vellos non deben namorarse" de Alfonso R. castelao, "Azos de esguello" de Euloxio R. Ruival, "O pauto do demo","Os cravos de prata" de Nicolás Vela, "Comedia bifida", "Con franco nun armario", así como adaptacións de obras o galego como, "O Bufón","Tan perfecto non te quero", a viuva de Dupont", "A loteria","A miña muller é o fontaneiro", "Pillabans de cinco estrelas", "O avarento". Na actualidade estamos a preparar unha adaptación da obra "Historias peregrinas" de Miguel Anxo Murado.
O Grupo de teatro BADIUS, un dos máis antigos do panorama afeccionado galego, leva xa 38 anos no eido da comedia. Dende os seus comezos especializouse neste xénero, e son xa moitos os espectáculos preparados ata o de agora. Dende autores galegos como Varela Buxán ou Labarta Pose, españois como Arniches ou Paso e universais como Moliére. Pero quizais as creacións máis xenuínas de BADIUS son as adaptacións de clásicos do cine, por suposto en clave de comedia, e no que se parodiaron diversos xéneros: o western en ''Xoo… ante o perigo", a intriga en "Veleno por caridade", o melodrama en "Tócama, Sam", o humor español en "Bancagare: sucursal N° 13" ou o terror con "Frankenstein". Agora presenta una comedia de corte bíblico titulada "A peregrinaxe" e na que se dan una serie de situación cómicas para parodiar a persoeiros como Moisés, o César, Cleopatra, o Demo ou Xesús.
"Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do ano 2004. Dende a súa creación leva estreado, entre outras, as seguintes obras de mediano e gran formato (a maioría de autoría propia): Miserere (drama sobre a violencia de xénero); “Cleopatra e Marco Antonio, “A turbia historia de Claudio e Mesalina”, “Mitoloxía para ignorantes”, “Cásina” (espectáculos creados para a festa romana Arde Lucus); Homes en escabeche (comedia para adultos que recibiu varios premios a nivel autonómico); Unha historia con pau (comedia dirixida a público familiar); Emperador, que pensas? Fala! (comedia de enredo ambientada no Lugo romano e dirixida a todos os públicos); Menestra de testosterona (obra sobre os estereotipos de xénero); Hotel Desencanto (peza para público adulto que se move entre a comedia e o suspense) e Casting, unha parodia dos estereotipos femininos no cine de Hollywood que recibiu o 2º Premio á Mellor Obra e o Premio á Mellor Actriz na V Edición da Mostra de Teatri Labarta Pose. Ten participado en numerosos espectáculos de rúa, performances, conta contos, radio teatro, algúns deles en colaboración con outras entidades con fins culturais ou sociais. Ademais da creación e posta en escena de espectáculos teatrais de diferente formato, Hipócrita Teatro desenvolve outras actividades orientadas á dinamización cultural e social. Dende o ano 2010 forma parte da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado). Dende o ano 2014 dispón dun local no que programa diferentes actividades culturais relacionadas coas artes escénicas ó longo do ano."
Max Teatro
A asociación teatral O Aturuxo de Melpómene consituíuse o 24 de abril de 2007, en Narón, por iniciativa dun grupo de 15 alumnas e alumnos da Escola de Teatro de Narón que sentiron a necesidade de crear unha entidade propia coa principal finalidade de promover os proxectos e traballo conxunto, en lingua galega, que na liña teatral viñan desenvolvendo e que era mester encauzar cara a un público máis amplo. As obras que O Aturuxo de Melpómene produciu nos últimos anos foron:
  • RRHH (O Método) (2010 a 2012) 18 actuacións. Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea e para o Festival de teatro aficionado de Móstoles (Madrid).
  • Café (2010 a 2013) 14 actuacións. Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea.
  • A Ratoeira (2012 a 2014) 33 actuacións. Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea.
  • Desencaixados, esperpéntica crise (2014 a 2016). Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea, para o Certáme de teatro afecionado de Guardo (Palencia), para o Encontro de teatro afecionado de Betanzos e para o Festival de teatro de Villacañas (Toledo).
  • Terapia de bar (2016 a 2018). Selecionada para o festival Agustín Magán da Fegatea.
Dentro da asociación conviven outros colectivos estables ou transitorios que promoven as súas propias propostas escénicas. Este é o caso do grupo Carrachanacacha que ademais da última obra que está en distribución A Pena do cu do mundo tamén produciu:
  • Comendo pimentos de Padrón con Tarantino (2009 a 2013) 65 actuacións.
  • Cipriano de Bequelar, história de amor e morte (2012 a 2014)
O Trasno Teatro foi fundado en 1980 baixo o nome de “Sociedad Teatral O Trasno” por un grupo de mozos e mozas da parroquia de Comesaña en Vigo. Estivo funcionando dentro da súa escaseza de medios técnicos, económicos e formativos propios daquel momento, e aínda así chegou a actuar no emblemático teatro García Barbón coa obra “O pauto de San Formoso do Monte”. Logo dun tempo fíxose cargo do mesmo Xaime Costas, quen xunto con integrantes do teatro escolar que dirixía e algunhas das persoas fundadoras, inician unha nova etapa que en 1988 coincide co cambio da denominación do Grupo á actual “O TRASNO Teatro”. Na súa nova andadura, O TRASNO Teatro, formou parte, xunto con outros grupos, , da primeira Plataforma de Teatro Afeccionado de Vigo, PLATEA, experiencia da que naceu a arela dunha Federación Galega, que finalmente se materializou na constitución de FEGATEA, da que O Trasno foi grupo fundador no ano 2000. Como resultado do traballo de FEGATEA, comezaron a organizarse Ciclos de Teatro Afeccionado por toda Galiza, e en 2007 O Trasno organizou o “I Encontro de Teatro Afeccionado en S. Andrés de Comesaña” que tivo unha ampla acollida, e que este ano cumprirá a súa 16ª edición. A respecto da nosa produción teatral, o noso grupo distínguese por representar diferentes estilos, dende teatro clásico con obras como “Vinganza ou Xustiza”, baseada na Orestiada de Esquilo, a teatro vangardista con “Maresol”, espectáculo creado para representar na praia ou “¿Home!” con tres escenarios diferenciados, pasando por teatro infantil “Vacacións para Sempre”, espectáculo de sombras chinesas. Aínda que a nosa carta de identidade sempre foi facer un teatro reivindicativo e innovador, que mostramos por exemplo en obras como “Consuelo” e “Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra”, nas que se mostran anacos da Memoria Histórica. Hai máis pero iso.... é outra historia. Ao longo desta longa traxectoria do grupo, de 42 anos en activo, foron moitas as persoas que formaron parte da familia trasna e que contribuíron a facer posible este proxecto, sempre baixo o abrigo de Xaime Costas. A todas elas, grazas! A nosa proposta actual é “En Venda”, traxicomedia na que nos aproximamos á realidade social que vivimos, onde as protagonistas perseguen os seus obxectivos ao tempo que fan unha denuncia social en clave de humor..... como poderedes comprobar no vídeo.
A Asociación Teatral Paso de Valverde foi creada en Arteixo en 2006 funcionando como un espazo de investigación e búsqueda do feito teatral baseado na proxección do corpo e da voz no espazo escénico. As principais vias nas que Paso de Valverde traballa son: investigación, creación e formación, as tres abordadas coa firmeza de quen pretende brincar como fan os nenos: con toda seriedade.
O Grupo Rebuldeira Teatro naceu en Sarria, en xaneiro do 2011, formado por alumnos/as e ex alumnos da aula de formación teatral creada no propio concello no ano 2010. Na actualidade está formada por 8 actores e actrices amadores con idades que van desde o 18 anos ata a xubilación. Na súa andaina, foron presentadas obras e improvisacións, tanto en moitos pobos de Galicia como fora do noso territorio en colaboración cos Centros Galegos de Barakaldo e Barcelona. As pezas presentadas foron: “A Comedia Bífida”, “O Velorio”, “A farsa Plautina”, “A Pantasta do Pazo do Tumbiadoiro” “O Achado do Castro”, “Arsénico por caridade”, “Louca adaptación de Asamblea de Mulleres”, “O Bar de Manolo”, “Fráxiles” e “Sorpresa, sorpresa”.
Teatrino nace na cidade de Ourense no ano 2010 da man de Jose Vaquero, titulado superior en arte dramático pola ESAD de Galicia e licenciado en Antropoloxía Cultural e Social, quen reúne a un grupo de personas interesadas nun teatro de corte social. Dende o seu primeiro espectáculo ata o derradeiro (A decisión de Ofelia, 2010 e Encaixadas, 2023), ambolosdous textos propios, aposta por explorar o papel das artes escénicas como espazo de denuncia e activismo.
Está formado por persoas de distintas idades cunha longa traxectoria na actividade do teatro amador, que se desenvolveu en Pedroso (Narón) durante décadas.
O GRUPO DE TEATRO NACE LOGO DUNHA XUNTANZA DE VECIÑOS E VECIÑAS DE ANTAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL ,ALÓ POLO ANO1995. A INTENCIÓN E XUNTAR NUNHA ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA A PERSOAS DE DIFERENTES IDADES QUE LLES GUSTA O O TEATRO,E O MESMO TEMPO SERÍA UNHA OPORTUNIDADE DE DINAMIZAR A BIBLIOTECA E A LECTURA EN XERAL E O MESMO TEMPO AS RELACIÓNS INTERXERACIONAIS. UN ANO DESPOIS CONTAMOS XA CON DOCENTES DE TEATRO PARA ATENDER E DIRIXIR RAPACE DENDE OS TRES ANOS ATA ADULTOS DE IDADES DIFERENTES. O GRUPO E ESCOLA DE TEATRO FOI DIRIXIDA DURANTE OS PRIMEIROS 22 anos POR JOUSE GARCÍA ,ESCEPTO UN ANO QIE O SUSTITUIU JABIER DEIVE. COMO ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS IMPARTIRONSE CURSIÑOS DE ARTES ESCENICAS IMPARTIDOS POR PROFESIONAIS DE MÁXIA,MIMO,EXPRESIÓN CORPORAL ,CLOWN, MALABARES, IMPROVISACIÓN,MAQUILLAXE,AUDIO VISUAIS ETC,DURANTE OS DIFERENTES CAMPAMENTOS DE TEATRO ORGANIZADOS O LONGOS DOS ANOS. CONTAMOS TAMEN NOS ÚLTIMOS ANOS CON DIRECTORAS DA TALLA DE PAULA CARBALLEIRA OU CRISTINA COLLAZO ACTUALMENTE DIRIXENOS AIDA SE E ANA CARREIRA CADA ANO SACAMOS CONVOCATORIA PÚBLICA PARA QUE SE ACHEGUEN A ESTA ACTIVIDADES QUEN ASI O DESEXE,DE AI QUE CADA ANO O NOSO GRUPO DE ADULTOS OU ESCOLARES SEXA DIFERENTE. CONTAMOS UNHA MEDIA DE 50 PERSOAS CADA ANO O LONGO DESTES ANOS ACADAMOS DIFERNTES PREMIOS ,COMO GALIZA CREA, CERTAME DE LAXE,BUERO DE TEATRO ETC. AS NOSAS ACTUACIÓNS FORON POR DIFERENTES CONCELLOS D EGALIZA E OUTRAS COMUNIDADES COMO CATALUÑA,PAIS VASCO,ANDALUCIA ,CANTABRIA OU LEÓN. NOS PRIMEIROS 25 ANOS O GRUPO ESTIVO COORDINADO E PRESIDIDO POLA BIBLIOTECARIA TERESA BATÁN BUJÁN .ACTUALMENTE PASOUSE RELEVO A SILVIA LÓPEZ CABANAS ,XUNTO CON OUTROS MEMBROS DO GRUPO.
Somos Atlántida Teatro de Matamá. Levamos moito tempo facendo teatro e pretendemos seguir facéndoo! Os nosos intereses son facer comedia e pasalo ben interpretando e xogando a isto do teatro. Acompañádenos para disfrutar e rir a cachón con nos!
O Teatro de Cámara Ditea xorde a finais dos cincuenta, ao desapareceren os TEUS (Grupos de Teatro Universitario). Agustín Magán, que máis tarde sería un dos dramaturgos máis queridos da escena galega, foi o artífice de que, en 1960, cun grupo de afeccionados máis, DITEA (Difusión do Teatro) vise a luz. Na súa primeira época levou actos sacramentais á Praza da Quintana e converteuse nunha tradición compostelá que, na noite do Corpus, Ditea enchese a praza coas súas enormes escenografías e impresionantes representacións: “¡Milagro!”, “El hospital de los locos”, ou “El Gran Teatro del mundo”, de Calderón de la Barca. Estas pezas de carácter relixioso alternábanse cun teatro máis comprometido politicamente, como “En la red”, de Alfonso Sastre, “Deja que los perros ladren”, de Sergio Vodanovic e “La razón del poder o el Dictador”, de Manuel de Heredia. A partir de mediados dos 60, pon en escena pezas moi anovadoras, en canto á temática e ás orixinais montaxes: “Donde está la señal de la cruz”, de O'Neill, estreouse o 27 de marzo de 1967 no salón amarelo da Delegación de Información e Turismo, baixo a dirección de Enrique Moreno, despois dunha conferencia de Gonzalo Anaya co título "Reflexiones sobre la vanguardia teatral"; estrearon, ademais, “Oración”, de Fernando Arrabal, ou “Historias del zoo”, de Edward Albee. É tamén momento de clásicos como “La locura de Don Juan”, de Carlos Arniches, ou “Seis personajes en busca de autor”, de Luigi Pirandello. Ao longo do 68 e comezos do 69, DITEA organiza dúas compañías itinerantes, coas que se integra en “Festivales de España” e “El carro de la alegría.” Denominaranse “La Mojiganga” e “La Carreta”, respectivamente. Estes subgrupos levarán a varias cidades galegas o seu taboado da farsa antiga, cun repertorio de teatro clásico popular: “Cornudo y contento”, “La carátula”, “Las aceitunas” e “Rodrigo del Toro”, de Lope de Rueda ; “La guarda cuidadosa”, de Cervantes; e “Farsa y justicia del Corregidor”, de Alejandro Casona. Entramos nos 70! Co gallo da celebración do seu X Aniversario, DITEA organiza no Hostal dos Reis Católicos un Festival de Teatro Contemporáneo, que pecha con “¡Silencio, pollos pelones, que ya les van a echar su maíz!”, de Carballido. Comeza entón unha nova etapa na que DITEA estrea década e lingua. Empeza a facer teatro exclusivamente en galego, cunha adaptación que Aquilino Iglesia Alvariño fixo da obra de Plauto, “A comedia da oliña”. Séguea “Oratorio” de Alfonso Jiménez Romero, adaptada por Magán, que foi censurada na II Mostra de Teatro de Ribadavia. Tamén Magán adapta “A barca do inferno”, de Gil Vicente. O grupo traduce obras irlandesas como “Rosas vermellas para min”, de Sean O'Casey, un drama elexíaco de teatro realista, que mostra a situación política e social de Irlanda, a través das loitas que enfrontaron, no 43, o proletariado de Dublín e a burguesía irlandesa-británica. Puxéralle música o actor Antón Casal e tivera lugar a primeira representación o día 2 de setembro de 1976, no Auditorio de San Domingos de Bonaval. Seguiuna O país da saudade, un fermoso folk-drama de W. B. Yeats. Ao mesmo tempo, apóstase por autores galegos, como Antón Vilar Ponte (“Almas Mortas”), e polos clásicos do teatro: Aristófanes, Bocaccio, Cervantes... Tamén daquela Ditea pon en marcha a aula universitaria. E no 1980 celebra o seu vixésimo aniversario cunha exposición na que reúne maquetas, pezas de vestiario e decorados, ademais dunha ampla información gráfica das montaxes realizadas durante ese período. É entón cando Magán e o grupo comezan a producir textos, como “Alias Pedro Madruga”, “Que queredes, Pitos Cairós?”, “Mesmo semellaban bruxas, retábulo de meigas e inquisidores” (Premio Ateneo Ferrolán 1978)... Tamén rescatan clásicos do corpus literario galego-portugués, como “Guerras do Alecrín” e a “Manxerona”, de José da Silva ou unha adaptación teatral de “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, de Castelao. Cabe salientar que Agustín Magán gañou tamén o XII Premio Álvaro Cunqueiro con “Os rebertes”, no ano 1990. A data do 15 de marzo de 1986 marca un fito na historia do grupo. Ese día, no Pazo de Raxoi, o Alcalde Xerardo Estévez, en presenza do Presidente da Xunta de Galicia e outras autoridades, imponlle a Ditea a Medalla de Prata da Cidade ó Mérito Artístico e Cultural. Despois terá lugar no Hotel Congreso un xantar de Irmandade, ó que asisten 187 antigos e actuais membros do grupo, na compaña de numerosos representantes doutros grupos de toda Galicia. Por esta época andaban a facer tamén teatro radiofónico e Magán seguía producindo... “A lenda de Xan Bonome” e “Farsa plautina” son dous dos seus textos máis celebrados. “As asemblearias ou se as mulleres mandasen” foi feito sobre textos de Aristófanes, e “Don Xoán” foi un capricho dramático sobre textos de Tirso de Molina, Molière e Alexandre Pushkin. Cunha impresionante “Beiramar” (texto de Armando Cotarelo Valledor), o grupo foi seleccionado de entre 64 de todo o Estado para viaxar a Vilafranca do Penedés (Cataluña) a participar no Concurso de Teatro do Penedés, onde consegue o premio ao mellor espectáculo. Nese mesmo ano (1997), Agustín Magán recibe o premio de Honra “Marisa Soto” pola dedicación de toda unha vida ao mundo do teatro. O día 5 de decembro de 1996 no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, Agustín Magán Blanco (fundador, director e autor teatral do Teatro de Cámara Ditea), recibiu do Alcalde de Santiago, D. Xerardo Estévez, a Medalla de Prata da Cidade ó Mérito Cultural. O 2 de abril de 1998, Magán, á fronte do grupo durante case corenta anos (a metade da súa vida), deixa orfa a Ditea. Suspendéronse os ensaios “d'A pousada de Petra Cotón”, que el mesmo dirixía, e vólvese representar “Terra Baixa”, de Ángel Guimerá, no Auditorio Municipal de Narón o día 16 de maio. En xullo dese ano, a Asemblea Extraordinaria de Ditea resolve nomear a Alberte Álvarez Escudero, até entón membro directivo, actor e adxunto á dirección, como novo director do grupo. Na lembranza de Magán, desenvolvéronse os seguintes espectáculos: M'Gambia, unha versión libre sobre os seus textos, que se estreou no 99, no Colexio Público de Dodro, e A pousada de Petra Cotón, -a última obra de Magán, que non chegou a ver sobre as táboas-, estréase en maio do 2001, no Teatro Principal de Santiago. É unha obra inspirada en Le Roman Comique, do clásico francés Paul Scarron, unha comedia grotesca cargada de retranca, parodia cos xogos de contraste e chiscadelas metateatrais ao público. Unha despedida que pon sobre as táboas unha peza sobre o propio teatro e sobre Compostela: as dúas paixóns de Magán. A obra percorre Galiza e cambia varias veces de elenco, até o 30 de novembro do 2003, data en que é representada na Casa da Cultura da Valenzá, en Barbadás, Ourense, dentro do programa "Galicia nos sentidos". A partir dese momento e por mor da perda masiva de actores e actrices, o grupo entrou nun período introspectivo: non parou de buscar novos textos ou ler outros antigos e axeitar o local. Finalmente, tras un interese de vellos compoñentes do grupo por regresar, en novembro do 2004 estréase unha revisión de “Tiempo de 98” con motivo do congreso "La Galicia de Valle Inclán" na Pobra do Caramiñal. Acto seguido, empezan os ensaios da súa última montaxe: “Melocotón en xarope”, adaptación da comedia de Miguel Mihura, dirixida nun primeiro momento por Xosé Manuel Olveira "Pico" e despois por Xan Casas. Con máis dunha trintena de funcións ao longo de tres anos, a obra convértese na máis representada da historia de Ditea. A despedida de “Melocotóns” foi , no Teatro Principal de Compostela. As localidades non tardaron en esgotarse, como sempre que Ditea actúa "na casa". Na actualidade, o grupo está a mover dúas producións simultaneamente: “Acto imprevisto”, de Miguel Gallego, dirixida por Alberte Álvarez, e “Aquí cheira a morto”, baseada en “Usted puede ser un asesino”, de Alfonso Paso, e dirixida por Xan Casas. No ano 2010 Ditea celebrou o cincuenta aniversario do seu nacemento. Con tal motivo programou durante este ano diversas actividades para conmemorar este feito. A exposición "50 anos do Teatro de Cámara Ditea" recolleu os cincuenta anos de vida da compañía e o Concello de Santiago dedicoulle un recoñecemento a labor da compañia e a súa contribución a Santiago. Durante este ano as obras en cartel foron "Aquí cheira a morto" e "Acto imprevisto". En 2011 reponse unha obra de 1982 de Agustín Magán, "FARSA PLAUTINA", baseada en textos de Plauto, e segue coa peza "ACTO IMPREVISTO" en cartel. En 2014 preséntase “Animaliños,” baixo a dirección de José Antonio de la Fuente. Logo duns anos de inactividade, e tras a celebración dunha Asemblea Xeral, renóvase a sua directiva, presidida por Alberte Álvarez Escudero, e DITEA volve aos escenarios no transcurso do Festival Galego de Teatro Afeccionado - Fegatea (2022) celebrado en Lugo o 9 de xullo de 2022, neste caso cunha obra de pequeno formato titulada “As Xoias da tía Ágata”
Somos un grupo de teatro con sede en Nigrán e formado por doce integrantes, a gran maioría xente nova (menores de 26 anos). Apostamos por un teatro propio para trasladar da maneira máis pura a nosa forma de entender este arte e o mundo que nos rodea. Por iso, o dramaturgo das obras do noso grupo é o noso director, Pedro Rodríguez. Dende que creamos o grupo hai 10 anos traballamos todos os xéneros teatrais, pero non nos quedamos só nos escenarios. Dende fai 3 anos facemos tamén teatro social con maiores e persoas con diversidade en residencias para levar esta arte a todo o mundo.
Teatro Escoitade. 50 anos facendo teatro dende Valladares-Vigo e 22 de traballo federado na Fegatea.
O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao iniciou a súa andaina en xaneiro de 2013 coa estrea da súa primeira produción “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao. Con esta obra realizou 11 funcións con máis de 3000 asistentes. Desde aquel momento seguiu funcionando de xeito ininterrompido (agás na pandemia) e puxo en escena sete producións: Oé,oé, oé!, Noite de Reis, Catro contos, Enciclopedia Álvarez, O documento, Pan con chocolate e O traballo de Andrea. Nos anos 2014 e 2015 pon en marcha unha novidosa actividade baixo o título de “Teatro nos bares” que consiste na posta en escena de varias micropezas teatrais que se representan nos bares das distintas parroquias do concello de Barreiros. Na actualidade, o grupo de teatro Ollomao ten en cartel dúas obras: Pan con Chocolate e O traballo de Andrea coas que está empezando a xirar.
Teatro Pesadelo somos unha compañía de teatro afeccionado que xorde a partir do traballo de tres dos integrantes da compañía Artías de Santiago de Compostela durante o ano 2020. No transcurso da preparación da peza teatral Escoura e Fume (versión feminina e feminista da aclamada obra Glengarry Glen Ross) Sonia Barros, Xoana Pintos e o seu director Paco Luna, deciden a formación deste o noso Teatro Pesadelo coa clara intención de enfocar o seu traballo cara a un público máis amplo. É por iso que o resultado deste proceso foi A Princesa Carlota: un texto infantil de Paco Luna a partir da adaptación de tres contos. Xa en 2022 Teatro Pesadelo elixe un texto cómico-crítico-circense orientado a público adulto: Desaquelando. Esta peza, baseada en textos de Manuel Núñez Singala e de Paco Luna, adéntrase na sátira e na comedia por medio dunha imposible e surrealista conferencia.
TIRULEQUE, Grupo de Teatro, é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que, dende a súa primeira actividade e fundación o 5 de Marzo de 1985 (oficialmente no 1988) ven desenvolvendo distintas actividades, con participación activa na cultura do Carballiño, non só con actos propios, senón tamén axudando a outras entidades para mellorar toda caste de actos culturais. Por iso véñense tocando tódalas frontes posibles, incluíndo actividades para nenos, dende os máis cativos ata estudantes de bacharelato - FP ou xubilados. Con algúns momentos de inactividade, altérnanse outros de traballo a reo en tódolos eidos da cultura nos que se poda axudar ou emprender camiño.
Dos grupos existentes na actualidade no C.R.A.C.C. é o mais antigo, tanto como a propia Sociedade. Foi un dos elementos básicos do movemento cultural na provincia aló polos anos setenta Tén unha traxectoria amplia e variada con múltiples actuacións e interpretación de obras diversas, El Mono Piadoso de José Ruibal , O Demo de Xesús Manuel Coruxo , Esperando a Godot de Samuel Bequet , Indíngulus composición do propio grupo e algún corto de Jardín Umbrío obra de Valle-Inclán . Despois de atravesar un impás sen actividade, volta cos seus compoñentes iniciais para rexurdir na celebración do 50 aniversario da entidade no ano 2017. Non fixo falla insistir moito para reuni-lo grupo , sobor de todo tendo en conta a obra que se pretendía realizar, cuio motivo está mais de actualidade si cabe agora que nos anos sesenta, foi representada en bastantes ocasións. Interpretan a obra FARSA Y JUSTICIA DEL CORREGIDOR , de ALEJANDRO CASONA ou ( MEXAN POR NOS E HAY QUE DECIR QUE CHOVE ) O grupo na actualidade reunese todas as semanas no local da entidade.

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.