Fauna 113

» Provincia

Pontevedra

» Localidade

Vigo

» Enderezo

Vigo

» Sitio web

» Email

infoteatro@fauna113.com

» Teléfono

650077485

» Presentación

Ao primeiro adoitábamos sentarnos nas butacas,
agazapados, así foi que oímos respirar
ao do lado, sentimos cómo se se lle atravesaban
as palabras no ventre e inspiraba
forte para coller aire, parecía un animal
máis. A fauna foi facendo manada, e inda
que camiñamos separados durante anos
por distintas táboas de Galiza, ao final, atopámonos.
Este é o noso primeiro espectáculo
xuntos.
Somos animais de aulas, de anos de aulas,
por iso o tempo foinos formando rigorosamente
na desobediencia, no atrevimento,
no traballo sen descanso, na paixón por
sacar das caixas as luces, na honestidade
ao sacar das caixas o olor a teatro.
Esta fauna sempre migra cando osma o que
o público respira: o asombro.

» Obras

OS VECIÑOS DO LADO

OS VECIÑOS DO LADO

María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en princípio parece unha cea de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que seica non...

A ULTIMA CEA

A ULTIMA CEA

Cinco estudantes liberais, fachendosos e convencidos das súas ideoloxías, reúnense cada domingo nunha cea para discutir aspectos sociopolíticos nos que sempre están dacordo. O seu hábito é convidar a estas veladas a un pensador alleo ás súas ideas co fin de crear...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.