Pequeno Curriculum
- Formación na academia de IMPROMADRID (Madrid) e PLANETA IMPRO (Barcelona)
- Actor e fundador da compañía de improvisación LOS DUGUIS IMPRO representando os espectáculos: SPIN OFF tempada 2012, IMPRO TOP MANTA tempada 2013 e actualemente representa nesta tempada 2014 o espectáculo CADEA IMPROPETUA.
- Actor da cómpañía de Teatro de Improvisación FACTORÍA GALAICA DE IMPROVISACIÓNS co espectáculo POR-SUPOSTO dirixida por Jorge Rueda de ImproMadrid Teatro.
- Creador e Actor do espectáculo COLECCIONISTAS de Improvisación Teatral.
- Creador e Actor do proxecto para Política Lingüística do espectáculo de improvisación AÍ FALACHES CASTEL@!
- Actor do espectáculo IMPRO COMEBACK! De representación regular na sala GARUFA CLUB da Coruña.
- Profesor de diversas xornadas e cursos regulares de improvisación teatral na academia de artes escénicas ARTESTUDIO na Coruña.
- Fundador e mestre da ESCOLA DE IMPROVISACIÓN TEATRAL da Coruña. (www.outracousa.com ).
- Participante en diversas xornadas de improvisación do Festival nacional de improvisación teatral, Zaragoza Improvisa.
Introducción
A Improvisación é estar listo para responder a calquera situación que se nos presente e poder seguir adiante a pesar do cambio nas condicións. Dito doutra forma: A única constante na nosa vida é o cambio, polo que a improvisación é parte da nosa vida diaria. O teatro de improvisación é unha técnica na cal os actores
sen un guión preestablecido nin personaxes creados con anterioridade, crean unha escena teatral con ideas outorgadas polo público. É dicir, que co tempo limitado e cos recursos dispoñibles soamente nese momento, entregan un produto satisfactorio e a medida.
As improvisadoras e improvisadores son actores, directores e guionistas da escena que están creando nese momento en conxunto con outros compañeiros e compañeiras.
Neste monográfico desenvólvese un primeiro achegamento á técnica da improvisación teatral e de como ese adestramento ensinaranos a alcanzar e a reforzar unha gama de recursos que acheguen respostas efectivas ante a creación de escenas teatrais espontáneas.
Oxectivos
- COÑECEMENTO CONSCIENTE DA TÉCNICA DE IMPROVISACIÓN TEATRAL.
(“A improvisación ten unhas “normas”, non é dicir o primeiro que nos veña a cabeza, Iso sería un delírio” O Argentino, Autor do Libro de improvisación teatral: Del Salto Al Vuelo). - A ESCOITA ACTIVA A FAVOR DA ESCENA.
- A REDUCCIÓN DO EGO ESCÉNICO.
- INTERIORIZACIÓN DA ESTRUCTURA NARRATIVA.
- FOMENTAR AS COMPETENCIAS COMUNICATIVAS EN ESCENA.
- DESENVOLVEMENTO DA AFIRMACIÓN COHERENTE.
- POTENCIAR A CAPACIDADE PROPOSITIVA DENTRO DA ESCENA.
- DESENVOLVEMENTO DA INTELIXENCIA SOCIAL E DO PENSAMENTO
LATERAL.
Contido
- ESCOITA
- ACEPTACIÓN -CAPACIDADE PROPOSITIVA
- DESBLOQUEOS
- A PALABRA IMPROVISADA / ESTRUCTURA NARRATIVA (P.R.O.L.)
- A ACCIÓN CON INTENCIÓN ESCÉNCIA
- A EFECTIVIDADE DAS PROPOSTAS EN ESCENA
- DINÁMICAS DE ESPECTÁLOS DE IMPROVISACIÓN.
(Nota: Existe posibilidade de facer unha pequena mostra con algunha destas
dinámicas dentro dos horarios do curso)
Temas transversais
- MEMORIA
- TRABALLO EN EQUIPO
- COMUNICACIÓN ASERTIVA
- CREATIVIDADE
- INTELIXENCIA SOCIAL
- EXTRAPOLACIÓN DE SIGNIFICACOS
- CREATIVIDADE
- MOTIVACIÓN
- PENSAMENTO LATERAL
Requisitos participantes: Moitas ganas de aprender e divertirse. Roupa adecuada aos contidos do obradoiro, Maiores de 16 anos con independencia do seu nivel en coñecementos de interpretación.
Número de asistentes:
Entre 15 e 20
Custe:
10 € membros de FEGATEA-FETEACYL
50 € persoas non federadas.
Data límite inscrición: 31 de maio de 2024.
Formulario de inscrición premendo na ligazón: Obradoiro de improvisación, con Oswaldo Digón