Catro suicidas acceden a un programa de repoboación rural a modo de terapia grupal. As rutinas e actividades programadas fan ver a Berta que sobrevivir non poden devolverlle as ganas de vivir. O suicidio silenciado de Khalid dentro do programa, a rebelión de Berta e a chegada da última traballadora social, con intereses ocultos, cuestionan os piares sobre os que se sustenta o proxecto e cada un dos seus habitantes.
Heroes en decembro é un texto contemporáneo e actual, unha traxedia con moitos toques de humor, que nos incita a cuestionarnos a importancia da saúde mental e a poñernos no lugar do outro. Realiza unha radiografía fresca e actual sobre a realidade social mostrándonos a realidade desde outra perspectiva.
“Intentar meter todos os temas do mundo nunha obra está tan condenada ao fracaso como a Torre de Babel”, díxome un profesor unha vez. Pero non nos deixades outra opción. Temos que falar.” – Berta, Heroes en Decembro.