Tras anos de dura competencia no mercado, as corporacións de Solorzabal International e Navia Operaciones comezan un proceso de fusión empresarial.
Durante o proceso de negociación,Claudia e Hipólito, fillos dos máximos accionistas, comezan unha relación que rematará en voda. Durante o evento -de máximo nivel- comezarán a aparecer pequenos problemas do pasado que poñerán en perigo a realización do mesmo.
Teatro Carauta colle outra vez unha obra de William Shakespeare para facer un retrato ácido e
divertido dunha parte da nosa sociedade, sempre dende o humor e o desenfado.