Pippi, Wendy, Heidi e Mary Poppins agardan na residencia "Felices para sempre" a ser desafiuzadas polo malvado doutor Grimm. A repentina morte da súa amiga Carapuchiña Vermella fará que as nosas catro heroínas teñan que levar a cabo o plan máis absurdo e inconcibible...
Comedia
(Porta Aberta) Que farían sen min?
Na casa de Ana todo é un sen vivir, a súa filla non pode vivir sen ela, o seu marido non pode traballar sen ela, a súa veciña non pode falar sen ela. Todo pasa por ela, pasan os anos e nada cambia ata que un día aparece o amor da xuventude e os soños retoman a ilusión...
(O Trasno) CALA!!
De todas as cousas que as mulleres poden facer no mundo... falar, aínda se considera a máis subversiva. O TRASNO TEATRO
(Carauta) Unha casa de tolos
Nesta casa conviven persoas felices de espírito libre que gozan do día a día ao seu xeito. Ata que o amor irrompeu dende un mundo totalmente oposto. Cando dous universos chocan, prodúcese o caos. En medio de situacións divertidas, esta comedia celebra a vida, a...
(Atrezo) A Leira
A leira de Rogelio guarda un secreto. Canto pode cambiar unha familia se de súpeto aparece un tesouro nas súas vidas? Atrezo Teatro arquivos - FEGATEA
(Achádego) Profundando nas cousas da vida
Baseado na obra "Cousas" e outros de Castelao. Achádego Teatro arquivos - FEGATEA
(Antas de Ulla) Nós, a historia de Galicia
Un grupo de nómades primitivos chega ao fin da terra coñecida: un lugar verde onde non para de chover. Por algunha misteriosa razón deciden deixar de camiñar e quedar a vivir alí. Así comeza NÓS, un espectáculo que percorre a historia de Galicia desde os primeiros...
(Pico do Castro) O Randiña vai o médico
O Randiña acode á consulta despois de levar unha chea de tempo agardando pola cita. Xa na sala, mentres espera a que o chamen, comeza a contar as súas peripecias e mais as dos veciños que tiveron que ir ao hospital, cada cal máis pintoresca ca anterior. Entre historia...
(Falcatrueiros) Segredos soterrados
En "Segredos enterrados" mergullámonos nunha noite que debería ser solemne: o velorio dun home. Mais moi pronto entendemos que aquí nada é o que parece. Unha viúva, as suas irmás, a criada e o seu marido, cargadas de pasado, de silencios e de feridas mal pechadas,...
(Andaravía) Ata que soa o timbre
Laura é unha rapaza que chega nova a un instituto e, aínda que ao inicio se sente algo soa, ao longo das clases irá coñecendo aos seus compañeiros e particulares profesores/a. Ademais vivirá momentos estraños nos que se confunde a realidade coa ficción e nos que...
(Andaravía) Lévame ao paraiso
Quen non querería ir ao paraíso, lonxe das preocupacións e das rutinas? Quen non querería rabuñar un chisco de felicidade? Viaxes Don Paco ofrece todos os destinos posibles...se podes pagalos, e sempre hai persoas dispostas a poñerlle un prezo á ilusión. Nada que non...
(Rebuldeira) A desconfianza
Catro historias disparatadas onde desconfiar é case un deporte olímpico. Nunha entrevista de traballo, o raro non é o candidato, senón quen fai as preguntas. Unha investigadora ve conspiracións ata na súa propia sombra, e quizais non vai tan desencamiñada. E un...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.











