Isabel e Miguel, son un matrimonio estancado na rutina.
Unha tarde, de volta de ver unha película romántica no cine, Isabel deixa voar a súa fantasía e imaxina que, como na película, deixando unha lámpada na fiestra pola noite, un amante entraría a buscala. Miguel a descobre e sospeita que Isabel é realmente infiel. Así, comenza unha chea de mentiras e enganos que porán a proba o verdadeiro amor do matrimonio.
Unha Luz na Noite, é unha comedia que, nos leva por unha viaxe de sentimentos, que nos fan reflexionar sobre como afrontar a vida en parella.