Maria Castaña

» Provincia

» Localidade

Mourente

» Email de contacto

miguelmotero1@gmail.com

» Teléfono de contacto

667097724

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

Existiu realmente María Castaña? É unha personificación fabulada? Falamos dunha figura á que os Señores da Historia lle negaron o relato, o tempo e a patria e desterrárona ao espazo borroso dos contos para durmir. A roda do esquecemento foille pousando encima o seu po.
Só quedou unha pantasma extraviada no fondo das espenucas, na funquenlla das fraguizas e nos reconcos dos rochedos, desde onde a súa voz soa e resoa. O eco vén na brisa da noite e no murmurio das sombras, como un canto para recordar e busca unha imaxe e un lugar na historia que a sitúe no capítulo dos referentes, entre os vagalumes. María Castaña, muller, galega, insubmisa.
Motivos de abondo para sepultala na sima do inconsciente onírico. Motivos de abondo para reivindicala como unha fiestra de luz.
Aquí presentamos unha hipótese verosímil do desencontro de María Castaña co bispo don Pedro López de Aguiar:
“Na Alta Idade Media a cidade de Lugo está na decadencia. O bispo proponse recuperala mediante a construción da catedral, conforme ao espírito anovador da época. A presión fiscal e a situación de crise económica, política e ideolóxica son factores que propician a rebeldía de María Castaña, vasala do bispo e matriarca da tribo dos guímaros”.
Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.