Avelaíña Teatro

» Provincia

Pontevedra

» Localidade

Mourente

» Enderezo

» Sitio web

» Email

miguelmotero1@gmail.com

» Teléfono

667097724

» Presentación

Esta agrupación comprométese a empregar a lingua galega e a linguaxe non sexista no desenvolvemento das actuacións que realice
Avelaíña Teatro somos un grupo de 14 persoas, máis outras tres que tamén colaboran con nós, fiel ao seu nome. Sen resignarse á escuridade dos tempos que corren…, teima unha e outra vez por alumar o principio e fundamento: de onde vimos, quen somos e onde queremos ir…
É por iso que pretendemos facer un teatro que, como a avelaíña, verme na beira dos camiños da noite, procura insistentemente a luz, é dicir, fornecer a cultura, abrir os ollos e espelir a conciencia social.
Concibimos o teatro como unha recreación da vida, pero sempre coa finalidade de desenmascarar a existencia hipócrita e hipnotizada….
Para as nosas actuacións practicamente o único imprescindible é o escenario ou un espazo susceptible de se converter en escenario. O resto das condicións técnicas podemos aportalas nós para poder actuar, como indicamos máis adiante.

PROPOSTA DE PROGRAMACIÓN

Temos en cartel “María Castaña “ que no ano 2018 acadou o premio á mellor posta en escena no II certame de teatro afeccionado do Concello de Lourenzá, e agora tamén, xa podemos representar “A Lola” sobre a Memoria Histórica ,estas dúas escritas polo noso compañeiro e actor Manolo Ayán. Avelaíña Teatro ven de obter no III Certame de Teatro Concello de Lourenzá do ano 2019 (Lugo) 3 nominacións para a súa representación da LOLA, a saber: Premio Conde Santo á mellor representación, Premio Lourenzo ao mellor actor para Xulio Leal e Premio ao mellor actor de reparto para Miguel Anxo Martín. Na gala que tivo lugar o sábado14 decembro, no Concello lugués, foi premiado pola súa actuación ao mellor actor Xulio Leal, e “A LIORTA (Voltaire/Rousseau)” do autor Jean-François Prévand, disputa filosófica, traducida ao Galego pola Profesora Mar Miravalles.

» Obras

Almas na gloria: Don Paco

Almas na gloria: Don Paco

Cumpridos trece anos do seu pasamento, a Real Academia Galega acordou dedicarlle o día das Letras galegas do ano 2023, a quen foi o creador desa efeméride, D. Francisco Fernández del Riego. Os amigos de D. Paco: Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo...

Maria Castaña

Maria Castaña

Existiu realmente María Castaña? É unha personificación fabulada? Falamos dunha figura á que os Señores da Historia lle negaron o relato, o tempo e a patria e desterrárona ao espazo borroso dos contos para durmir. A roda do esquecemento foille pousando encima o seu...

A LOLA

A LOLA

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus seres queridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da II República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A...

A LIORTA

A LIORTA

Imos presenciar unha escena doméstica entre dous polemistas natos, profundos e corrosivos. Acontece no s. XVIII, o Século das Luces, na apoteose da Ilustración. De contado xurdirá a contenda entre dúas maneiras de entender a vida, o pensamento, a cultura, a sociedade....

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.