O lugar de encontro, un consultorio psicolóxico.
As personaxes, un doutor con dominio en temas de psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que… ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia!.
Así as cousas, o doente pouco a pouco irá sacando das casillas a un doutor moi resistente a desbordarse a pesar do desfile de ocorrencias e situacións, insólitas e raras, que lle propón o seu doente.
Neste senso,ambos personaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocrisía, a soidade, a sexualidade.