A LIORTA

» Provincia

» Localidade

Mourente

» Email de contacto

miguelmotero1@gmail.com

» Teléfono de contacto

667097723

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

Imos presenciar unha escena doméstica entre dous polemistas natos, profundos e corrosivos.
Acontece no s. XVIII, o Século das Luces, na apoteose da Ilustración.
De contado xurdirá a contenda entre dúas maneiras de entender a vida, o pensamento, a cultura, a sociedade. Enfrontamento dialéctico entre dous filósofos, liados nunha pelexa a dentadas  e na que a filosofía é a protagonista.
Iso explica en boa medida que  asistamos a un teatro no que predominará o uso da palabra, nun texto  sempre vigoroso e exquisito. Ámbolos dous  interpelantes son correlixionarios no empeño enciclopédico e na tarefa  de sentar as bases da Revolución Francesa e das sociedades liberais que a partir dela xurdiron e en cuxos principios ( democracia, constitución, división de poderes, liberdades e dereitos subxectivos, etc.) se asentan  as nosas.

Unha disputa entre dúas ideas que, sendo igualmente xenerosas, non son en modo algún menos diversas. Un aristócrata que quere mellorar o valioso conseguido, que cre na cultura, que se opón á irracionalidade, á superstición, á intolerancias e á tiranía, que lamenta a inexistencia da Providencia, contesta ás arremetidas dun rapaz airado de orixe plebea, un axitador revolucionario, un radical que quere partir de cero para reformar a sociedade, para volveres á boa natureza do salvaxe e desbotar a corrupción á que nos ten levado a sociedade, a cultura, as ciencias e as  artes.
Velaí a VOLTAIRE e a ROUSSEAU , contraditorios máis sempre brillantes, nun diálogo que reclama unha sostida atención para acompañalos nese ir debullando unha serie de temas plenamente actuais.

Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.