A Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (PLATTA), integrada pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León (FETACYL) e a Plataforma de Teatro Amador do Alto Minho (PLATEA), convoca o VI Premio PLATTA de Teatro Breve co obxectivo de estimular a escrita teatral e promover a súa tradución e difusión nos territorios que conforman esta rede de colaboración cultural. O certame está aberto a obras inéditas de teatro breve escritas en galego, portugués ou castelán, e o prazo de presentación remata o 30 de novembro de 2026.

Nas seguintes ligazóns podedes acceder ás bases do concurso nos tres idiomas:

 

Bases VI Concurso Platta_gal

Bases VI Concurso Platta_pt

Bases VI Concurso Platta_cast

 

Comparte nas túas redes