Alfredo Pérez Muíño
OBXECTIVOS
Ofrecer un marco teórico e práctico que leve ás asistentes a investigar nas bases necesarias para ampliar as posibilidades creativas e
de utilización do corpo.
Esto levarase a cabo mediante 4 sesións de 4 horas cada unha que se adaptará na sua presentación ás potencialidades e necesidades de cada unha, estructurado en base a unha serie de obxetivos xerais:
- Favorecer o desenvolvemento do potencial motor das alumnas e alumnos.

- Crear condicións. Conocer as particularidades de cada unha.
- Buscar a confortabilidade no escenario.
- Coñecer e traballar aspectos básicos de distintas disciplinas de movemento a cabalo entre o teatro físico e o mimo corporal dramático.
- Aprender a combinar habilidades de diferentes disciplinas artísticas.
- Combinar o traballo teatral con outras técnicas que xorden do movemento (máscara neutra, mimo corporal drámático, …)
CONTIDOS
Buscamos un desenvolvemento e investigación do propio movemento. Valéndonos de diferentes técnicas a cabalo entre o teatro xestual de Jacques Lecoq e o mimo corporal dramático de Etiene Decroix, levarase a cabo unha serie de dinámicas de búsqueda baseándonos na improvisación e partindo sempre das posibilidades e potencialidades de cada unha. Entendemos esto como unha investigación do
propio movemento atendendo ó desdenvolvemento das nosas capacidades expresivas.
Quencemento e toma de contacto
Trátase de elevar a temperatura corporal e preparar as articulacións e os músculos para o traballo previsto na parte principal.
Utilizaremos tareas xogadas, exercicios de movilidade articular, flexibilidade, control tónico, desplazamentos variados, …
Parte principal.
Traballaranse os obxetivos principais da sesión: traballo de espazo, a comunicación a partir das posibilidades espaciais, calidades de movemento, intensidades, ritmo, o movemento corporal como medio de expresión emocional e comunicación.
Volta á calma.
Este punto toma especial relevancia en canto a que o seu obxetivo é conducir ó corpo dende un estado de excitación e actividade, característico da parte principal da sesión, a un estado de relaxación e normalidade.
Contidos nesta última parte atópanse exercicios de estiramentos, técnicas de relaxación, …
MATERIAIS E NECESIDADES TÉCNICAS
- Proporcionados polo docente: esquema de actividades
- Proporcionados polo alumnado: roupa cómoda
- Proporcionados pola organización: espacio diáfano amplo e cadeiras segundo alumnado
LUGAR, DURACIÓN E ORGANIZACIÓN HORARIA
En Santiago de Compostela, na sede da Fegatea, no antigo colexio do Castiñeiriño, ao carón da Igrexa de Nosa Señora de Fátima.
Cunha duración de 16 h distribuídas en 4 pola mañán (De 10.00 horas a 14.00 horas) e 4 pola tarde (de 16.00 horas a 20.00 horas) no sábado 13 e domingo 14 de setembro de 2025.