Ernesto Is
OBXECTIVOS
Desenvolver e potenciar as habilidades creativas das persoas participantes, dotándoas cos recursos que operan na elaboración dunha dramaturxia, e orientándoas na creación das súas propias historias para a escena.
CONTIDOS
A metodoloxía das clases combinará explicacións teóricas coa lectura e análise de textos dramáticos, así como exercicios prácticos de escrita e composición que permitan afianzar os contidos e desenvolver a creatividade e o estilo das e dos participantes.
1. A DRAMATURXIA: ARTE E OFICIO
• Definición de dramaturxia.
• A singularidade da escrita dramática.
• Liñas de creación.
• Mímese / Diéxese.
• Referentes.
2. ESCRIBIR TEATRO: AS FERRAMENTAS DRAMA
• Estrutura externa e estrutura interna
• Personaxes.
• Espazo(s).
• Tempo(s).
• Oralidade: monólogo, soliloquio e diálogo.
• Acotacións.
3. DESEÑAR HISTORIAS
• O que e o como: o punctum e o studium de Roland Barthes.
• Na procura dunha voz propia.
• Escrita, presentación e comentario de escenas.
TEXTOS QUE SE TRABALLARÁN NA AULA (fragmentos aportados polo docente)
- Far Away, de Caryl Churchill. Teatro del Astillero, 2005.
- El dragón de oro, de Roland Schimmelpfennig. Goethe Institut, 2007.
- Litoral, de Wajdi Mouawad. KRK Ediciones, 2010.
- Manual de patronaxe, de Nerea Brey. Difusora, 2024.
PARTICIPANTES
- Persoas vencelladas ás artes escénicas ou apaixonadas do teatro, a literatura e a arte de contar historias.
- As alumnas e alumnos deberán traer ao curso algún soporte para escribir (preferiblemente dixital), así como unha fotografía (impresa ou revelada) de calquera temática ou xénero.
LUGAR, DURACIÓN E ORGANIZACIÓN HORARIA
Residencia Tempo Libre O Carballiño
Avenida do Parque, S/N, 32500 O Carballiño
Sábado 13 de xuño 2026:
- 10:00 – 14:00 horas
- 16:00 – 20:00 horas
Domingo 14 de xuño 2026
- 10:00- 13.00 horas
NÚMERO DE ASISTENTES
Entre 4 e 25
CUSTE
15 € membros de PLATTA
55 € persoas non federadas
Data límite inscrición
5 de xuño de 2026.
Formulario de inscrición
PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN
O mundo dentro dun cuadrado – Obradoiro de escrita dramática
