Andaravía Teatro

» Provincia

A Coruña

» Localidade

Vedra

» Enderezo

» Sitio web

https://fegatea.gal/

» Email

ac_papaventos@yahoo.es

» Teléfono

686181861

» Presentación

No Nadal do ano 2002, un grupo de mozos e mozas que participabamos na Aula de teatro do concello de Vedra, decidimos retomar a actividade da Asociación Cultural Papaventos (1988) e volver facer teatro. Foi así como , ao abeiro desta asociación, naceu o grupo Andaravía Teatro. Desde entón Andaravía Teatro estreou espectáculos de distintos xéneros: comedia, drama, teatro do absurdo, sainete, musical, pasarrúas, visitas teatralizadas, teatro infantil…que foron representadas máis alá de Galicia e de España (Portugal, Arxentina ou Italia).
A nosa paixón polo teatro fixo que no 2004 botaramos a andar Teatrofilia, mostra de teatro amador de Vedra, co fin de proporcionar un espazo de expresión artística para o grupos de teatro afeccionado e contribuír, ao tempo, á dinamización cultural do noso concello e comarca.

» Obras

(Andaravía) Ata que soa o timbre

(Andaravía) Ata que soa o timbre

Laura é unha rapaza que chega nova a un instituto e, aínda que ao inicio se sente algo soa, ao longo das clases irá coñecendo aos seus compañeiros e particulares profesores/a. Ademais vivirá momentos estraños nos que se confunde a realidade coa ficción e nos que...

(Andaravía) Lévame ao paraiso

(Andaravía) Lévame ao paraiso

Quen non querería ir ao paraíso, lonxe das preocupacións e das rutinas? Quen non querería rabuñar un chisco de felicidade? Viaxes Don Paco ofrece todos os destinos posibles...se podes pagalos, e sempre hai persoas dispostas a poñerlle un prezo á ilusión. Nada que non...

(Andaravía) As laranxas ao noso xeito

(Andaravía) As laranxas ao noso xeito

Xs Papaventiñxs presenta unha adaptación colectiva da obra de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" dirixida pola titirimestra Cristina Collazo. https://fegatea.gal/grupo/andaravia-teatro-a-c-papaventos/ https://www.facebook.com/acpapaventos/?locale=es_ES...

Camiños e carreiros

Camiños e carreiros

Esta comedia escrita e dirixida por Clara Gayo parte do "camiño de Santiago como espazo de encontro": encontro entre culturas, intereses e inquedanzas. Dous veciños de Vedra unen as súas forzas para poder sacar uns cartos extras beneficiándose da proximidade do Camiño...

Brincacontos

Brincacontos

Brincando no mundo dos contos atopamos acontecementos máxicos e misteriosos. O descubrimento da receita do mexunxe marrón de Testarrota causa unha grande disputa entre dúas poderosas bruxas, quen acadará a enerxía que transmite este misterioso mexunxe?. Algo lle está...

Xacovedra

Xacovedra

Xacovedra, un espectáculo de variedades onde hai cancións e sketches, é a nosa modesta contribución aos fastos e celebracións múltiples deste ano Xacobeo que tanto tardou en vir. Nesta obra refléxase, desde o humor, o presente e futuro do fenómeno socioeconómico que...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.