Gargallada Teatro

» Provincia

Ourense

» Localidade

O Barco de Valdeorras

» Enderezo

» Sitio web

» Email

teatrogargallada@gmail.com

» Teléfono

616764806

» Presentación

A Asociación Cultural para a Promoción das Artes Escénicas “Gargallada” nace en novembro de 2006 como unha asociación cultural sen ánimo de lucro ao abeiro da Lei orgánica 1/2002.

No ano 2007 créase dentro da asociación o grupo de teatro afeccionado “Gargallada Teatro” que vai ser o eixo central ao redor do que se desenvolven as diversas actividades culturáis.

No ano 2009 o grupo entra a formar parte da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).

Ao longo da súa historia, participaron nas diversa montaxes do grupo teatral máis de 20 actores e actrices da comarca valdeorresa.

Obras anteriores: Os pecados capitais (2009). A abraiante vida de Braian (2010). A última cinta de Krapp (2011). Non me chames cariño se non o sintes (2012). Quimera (2012). Cincenta: teatro on the rock (2012). O Anel Máxico (2013). Estación Sombrío (2014). Lurpias (2015). Operación Triunfo (2015). Fuga (2015). O xogo de Versalles (2018).

Ademásis de amosar os nosos espectáculos polo territorio galego, desde o ano 2012 decidimos dar uns pasos máis alá e participar en certames no resto da península e mesmo no extranxeiro.

» Obras

(Gargallada) García, un cadáver informal

(Gargallada) García, un cadáver informal

En tanto que Hortensia brinda co seu prometido Abelardo no comedor da súa casa pola felicidade no seu próximo matrimonio, o infeliz señor García trepa polo seu balcón, entra no seu salón e suicídase no seu diván. Ante este inesperado suceso, os noivos deciden chamar...

(Gargallada) Alimañas

(Gargallada) Alimañas

A partir dun guión orixinal de José Martínez Suárez e Augusto Giustozzi Gargallada presenta en Alimañas  a historia de Mara, unha vella estrela de cine que vive retirada na súa mansión xunto co seu marido e o director e a guionista das películas que lle deron tanta...

(Gargallada) Crónica dun pobo

(Gargallada) Crónica dun pobo

“Nas guerras todas as nais padecen do corazón" Crónica dun pobo achega á escena, a modo de farsa histórica, unha visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios desde o punto de vista das xentes do común, que son realmente quenes padecen as súas...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.