Duración: 8 Horas.
Datas: 26 de novembro
Lugar: Casa da Cultura de Sarria
Dirección: Marqués de Ugena s/n Sarria
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Profesor: César No
Número de prazas: 15

Para maiores de 14 de anos.

Sinopse:

Un laboratorio que permite ao alumnado achegarse ao descubrimento escénico, que potencia a súa imaxinación e escoita grupal, que fomente a toma de conciencia, que importancia cada elemento e cada relación no espazo… todo isto na procura dunha creación única, levada a cabo nunha viaxe grupal que se configura a partires do xogo cos materiais, luz, sons, textos… Unha creación que nunca remata pero que contén un anaquiño de cada participante.

Obxectivos principais:

– XOGAR. É unha ferramenta básica que se emprega como medio e modo de aprendizaxe, coa combinación da expresión corporal e da lingüística. Os obxectivos son: executar a expresión dramática, desenvolver a facultade da imitación, experimentar as posibilidades básicas do propio xogo, afianzar o dominio persoal,
desenvolver a memoria…
– FORMAR. Fomentando unha actitude de cooperación e escoita grupal que permita o desenvolvemento do propio grupo tanto no campo humano como escénico.
– CREAR. Desenvolver pezas escénicas dende a creación de todo o grupo, explorando diferentes metodoloxías para ofrecer ó grupo numerosas técnicas teatrais.
– APRENDER. O maior abanico de linguaxes teatrais e poder afondar na meirande parte delas.

– ANALIZAR. Os obxectivos acadados para poder facer unha reflexión conxunta e así poder superar as posibles barreiras que se abran durante o proceso e continuar a medrar de maneira conxunta.
– INVOLUCRAR. A toda a vila a querer mergullarse e participar no mundo do teatro.

CUSTE:

10 € membros de FEGATEA-FETEACYL-TEIA.

15 € persoas non federadas.

Data límite inscrición: 15 de novembro.

Ligazón formulario de inscrición: “Laboratorio de Creación Escénica”

Ao chegar aos 15 formularios xa non se poderá acceder ao mesmo.

 

 

Comparte nas túas redes