‘Tal como son’ trátase de 3 historias diferentes dunha duración total 30-40 mins, que leva a un debate aberto ao final da obra de 20-30 mins , sobre os temas que saen nas diferentes historias.
Nas historias veremos:
1- Un neno que non ten acceso a un edificio onde están os seus amigos xa que a entrada non está habilitada para o seu corpo, diferente ao dos demais
2- Unha monstra moi amable que non encaixa na comunidade onde vive e decide viaxar e explorar novas posibilidades
3- Un rapaz aburrido de escoitar os mesmos consellos sobre como “debe” comportarse ata que descubre a Rosa, unha nena que é capaz de romper todas as barreiras que se propón.
O obxectivo principal é xerar un diálogo co público, favorecendo unha conciencia crítica sobre os temas tratados como son a aceptación, tanto personal como do colectivo, da diversidade dos corpos e dos xéneros



