No banquete de voda da filla do presidente, dúas criadas “falan” de política. Abelardo chegará a extremos inimaxinables para que Camelia case con el. Unha venganza peculiar por un crédito que non se concede. A historia de dúas monxas e unha ameixeira…ou é unha maceira? A telenovela máis delirante de todos os tempos, en vivo e en directo. Unha nai na intimidade do seu salón, fala sen filtros. Unha clienta quere darse de baixa nun ximnasio, conseguirao? Dúas amigas moi motivadas presentan o seu “Furancho Spa”!
Isto e moito máis nun feixe de escenas desconectadas…