Os Gatos

» Grupo

» Provincia

» Localidade

O Grove

» Email de contacto

iscarrea@hotmail.com

» Teléfono de contacto

635572576

» Xénero

» Típo de público

» Nº de actores/actrices

» Duración

» Cartaz e Sinopse

Ficha técnica

A obra “Os Gatos”, de Gómez Arcos, está chea de personaxes tan sensibles e inocentes como duras e complexas.
Pura e Ánxela, representantes desa España triste, vella e rencorosa da posguerra, agochan a súa amargura detrás de símbolos coma a relixión, un balcón, un retrato ou unha porta felina. A súa aburrida existencia vese sorprendida pola chegada de Inés, unha sobriña nova que acaba de quedar orfa e que se traslada dende Francia a vivir con elas.
O que en principio parece un sopro de frescura e alegría para a casa vaise empapando dunha atmósfera escura e esperpéntica, na que transcorren todo tipo de seres: Dona Rosa, a amiga tan inconsolablemente ridícula coma divertida, Manuela, a criada entremetida e sometida á crueldade das súas donas. Loli, a rapaciña que se prepara para recibir a comuñon cunha inconcibible alegría, e Fernando, o representante de todo o prohibido.
E ao mesmo tempo uns gatos insaciables, símbolos, como as irmás, dos vencedores da guerra, rañan e rosman un final tan sorprendente como inevitable.
Comparte nas túas redes

» Vídeo e imaxes

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.