Lugo

(Antas de Ulla) Sindo

(Antas de Ulla) Sindo

Paquita é a nai de Dores,  Sole e  Isa. Sofre Alzheimer e vive nunha residencia. Durante unha das visitas das súas fillas, comeza a falar dun tal Sindo, alguén de especial importancia durante a súa xuventude e que as súas fillas non coñecían. A partir destas palabras,...

(Antas de Ulla) Nós, a historia de Galicia

(Antas de Ulla) Nós, a historia de Galicia

Un grupo de nómades primitivos chega ao fin da terra coñecida: un lugar verde onde non para de chover. Por algunha misteriosa razón deciden deixar de camiñar e quedar a vivir alí. Así comeza NÓS, un espectáculo que percorre a historia de Galicia desde os primeiros...

(Pico do Castro) O Randiña vai o médico

(Pico do Castro) O Randiña vai o médico

O Randiña acode á consulta despois de levar unha chea de tempo agardando pola cita. Xa na sala, mentres espera a que o chamen, comeza a contar as súas peripecias e mais as dos veciños que tiveron que ir ao hospital, cada cal máis pintoresca ca anterior. Entre historia...

(Falcatrueiros) Segredos soterrados

(Falcatrueiros) Segredos soterrados

En "Segredos enterrados" mergullámonos nunha noite que debería ser solemne: o velorio dun home. Mais moi pronto entendemos que aquí nada é o que parece. Unha viúva, as suas irmás, a criada e o seu marido, cargadas de pasado, de silencios e de feridas mal pechadas,...

(Rebuldeira) A desconfianza

(Rebuldeira) A desconfianza

Catro historias disparatadas onde desconfiar é case un deporte olímpico. Nunha entrevista de traballo, o raro non é o candidato, senón quen fai as preguntas. Unha investigadora ve conspiracións ata na súa propia sombra, e quizais non vai tan desencamiñada. E un...

(Ollomao) Dona Clara

(Ollomao) Dona Clara

A multimillonaria Clara Zahanassian regresa á vila da súa infancia, cuxos habitantes viven pobremente e están endebedados, a diferenza das vilas da contorna que si progresaron economicamente. Clara parece mostrarse xenerosa e ofrece mil millóns de euros á súa vila...

(Pico do Castro) Trato a cegas

(Pico do Castro) Trato a cegas

O tío Prudencio e máis Freitoso son dous cegos, con perdón do tópico, con moita vista, en máis dun sentido. Dedícanse a percorrer vilas e aldeas tratando de gañar un anaco de pan para comer, dunha forma dura mais seguramente moito máis honrosa que a que desenvolven...

(Antas de Ulla) Vémonos no banco

(Antas de Ulla) Vémonos no banco

Un banco nun parque calquera, dunha vila calquera, é moito mais que mobiliario urbano, é un punto de encontro, un lugar de descanso,  de conversa, de confidencias... https://fegatea.gal/grupo/antas-de-ulla/ https://www.facebook.com/teatroantas/?locale=es_ES

(Rebuldeira) Vermello

(Rebuldeira) Vermello

A cantidade de cor vermella que podemos ver nunha guerra marca o futuro das seguintes xeracións. O tempo, ás veces, é cíclico e todo o malo pode voltar. Temos medo. As vidas de Manuel Díaz, o médico dos pobres, Rafael de Vega, Franco, e xente coma nós, mestúranse coa...

(Falcatrueiros) Clownoedipus

(Falcatrueiros) Clownoedipus

"Clown Oedipus" é unha versión clown da traxedia clásica de Sófocles, onde o drama se transforma nunha comedia absurda chea de ritmo, enredos e moita tolemia. Edipo, un rei inxenuo e torpe, embarcouse nunha busca desesperada da verdade sobre a súa orixe, pero cada...

(Pico do Castro) O Randiña vai á consulta

(Pico do Castro) O Randiña vai á consulta

Este microteatro recrea as peripecias de “O Randiña”, desta vez na consulta do hospital. Este singular personaxe expón, con ironía e humor, as dificultades para ser atendido a tempo polo sistema de saúde. A través da súa experiencia, a obra invítanos a reflexionar...

Súmate á FEGATEA

Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.