Galicia, 1940. Trala contenda civil, comezan a deixarse sentir os primeiros síntomas represivos do novo réxime. Carme e Matilde ámanse, pero o seu é un amor prohibido. Cando a súa relación se descobre, son detidas e recluídas nun alpendre á espera do momento en que...
Farándula Velutina
» Provincia
» Localidade
» Enderezo
» Sitio web
» Teléfono
» Presentación
No verán de 2018, un grupo de mozos e mozas, antigos membros da agrupación de teatro escolar Tuéjele Teatro do I.E.S. Fernando Blanco de Cee, xunto cos nosos profesores e directores, Fernando Castro Paredes e Marina Gómez Pose, decidimos formar o grupo de teatro afeccionado, Farándula Velutina, vinculado á asociación cultural As Nove Musas, de Corcubión, co obxectivo de xerar un espazo de creación escénica de espectáculos para todo tipo de públicos. Na nosa breve andadura, xa temos colaborado activamente coa vida cultural da bisbarra e recibidos numerosos premios e mencións.
A nosa filosofía é traballar con textos de creación propia. É por iso que a meirande parte das nosas representacións parten de textos do dramaturgo e codirector do grupo, Fernando Castro Paredes, autor merecedor de diversos premios como o Rafael Dieste, o Vidal Bolaño ou o Varela Buxán entre outros; de Marina Gómez Pose, codirectora do grupo ou mesmo de creación colectiva.
O elenco de Farándula Velutina está composto por seis actrices e un actor:
Elisa Lema, Lucía Senra, Andrea Rodríguez, Cris Martínez, Vanessa Pequeño, Carmen López e Manuel Costa.
» Obras
O Agasallo
Elisa vive coa súa avoa. Está nunha cadeira de rodas despois dun grave accidente de circulación. Polo seu aniversario recibe un misterioso agasallo. É un regalo que non parece moi apropiado para a súa idade e nin sequera sabe de quen procede, pero parece estar...
Sincronizadas
Dúas nenas coñécense na sala de urxencias dun hospital e descobren que existe entre elas un vínculo especial. Co paso do tempo a vida vainas levando por camiños distintos, nos que teñen encontros recorrentes coa violencia, a dor, o fanatismo e mesmo a morte, pero esa...
Punta, tacón
Todo esforzo ten a súa recompensa...aínda que ás veces sexa necesario recurrir a calquera tipo de artimaña para acadar os nosos soños. Punta, tacón é a historia dunha moza, filla do Rei de Pacífica, que debe renunciar a cantar polo ben de coroa, pero que pronto...
Unha moura aburrida, unha pallasa triste, unha trasna arrefriada…e moitos, moitos, moitos biosbardos
A señora Moura é rica, fermosa e intelixente. Ten todo canto calquera podería desexar, pero non é quen de desfrutar da vida: está mortalmente aburrida. Cansa de contar moedas e mirarse ao espello todo o día, engana a unha trasna cumpridora de desexos para que lle...
Animais de compañía
“Sabes en que se parecen unha muller e un can? En que os dous son animais de compañía.” Marta, a protagonista desta peza, oíu moitas veces esta frase da boca do seu pai. Educada na violencia e na represión, afronta agora na idade adulta un matrimonio cun home que a...
A derradeira bala
Luciana Cardone decide abandonar as trincheiras para ir na busca doutro mundo, cheo de poesía, teatro, música…pero descuberta e xulgada polos seus superiores, é condenada a morte. Á mañá seguinte, será fusilada coa derradeira bala que garda o pelotón. Mais o amor pola...
Súmate á FEGATEA
Se queredes disfrutar como grupo federado de todas as actividades que realiza a FEGATEA, podedes facer unha solicitude de adhesión co seguinte formulario.